O Concello volveu ser o mes pasado a administración española mellor pagadora con 7,4 días, o período máis baixo de pago de ningunha institución pública en España. Logo de abonar 147.000 millóns en 13.300 facturas en 2018, Vigo rematou o ano pagando en preto de unha semana de media, mentres que en outubro e novembro ese prazo foi de 12,2 e de 9,9 días respectivamente, sendo tamén o período máis baixo de toda España.
En comparación con outras cidades, A Coruña paga en 54 días de media; Santiago, en 81; Ourense, en 112; Pontevedra, en 33; Málaga, en 23; Sevilla, 49; Zaragoza, 49; Gijón, 24; mentres que a Xunta de Galicia o fai en 15 días.
O alcalde, Abel Caballero, amosou o seu «orgullo» por esta situación froito da colaboración de todo os servizos municipais e explicou que a eficiencia no pago é moi importante para as empresas, porque permite estimular a economía e o emprego.