A marcha convocada polos sindicatos nacionais tomará a saída desde Vía Norte ás 11.30 horas para percorrer o centro da cidade e a impulsada pola confederación nacionalista partirá ás 12.00 horas desde o cruce da Dobrada para rematar na Porta do Sol.
No que si coincidiron todos foi en facer un chamamento masivo á participación para reivindicar a “recuperación” de dereitos. Ademais, nesta edición terán un protagonismo especial as pensións, moi de actualidade nas últimas datas, uníndose así ás reivindicacións de emprego e salarios dignos.
As protestas tamén porán énfase en que os grandes indicadores macroeconómicos, que presentan síntomas de recuperación, non se corresponden coa “economía real” e as condicións de vida e de traballo do conxunto da poboación.