• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 9 de junio de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Un millón de euros (ficticios) para fomentar a cultura financeira e o coñecemento sobre a Bolsa

    A competición en mercados da Uvigo, de participación gratuíta, abre o seu prazo de inscrición ata o 7 de novembro
    Redacción por Redacción
    27 de Oct, 2022
    en Economía
    0
    Un millón de euros (ficticios) para fomentar a cultura financeira e o coñecemento sobre a Bolsa

    O profesor Jorge Vila Biglieri coordina esta competición. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Cinco días, unha conta virtual e un millón de euros. Este é o punto de partida da Competición en Bolsa e CRYptos organizada polo Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo co obxectivo de fomentar a cultura financeira e o coñecemento sobre o funcionamento dos mercados da Bolsa e as criptomoedas.

    Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, a competición desenvolverase entre o 14 e o 18 do mes de novembro e está aberta a calquera persoa, tanto da comunidade universitaria como da cidadanía en xeral, sempre e cando sexa maior de 18 de anos. O reto é, partindo dunha conta virtual (Paper Account) dun 1.000.000 de euros, obter o maior incremento de liquidez neta ao longo deses cinco días. Detrás desta iniciativa está o profesor Jorge Vila Biglieri que, xunto co asesor financeiro Pablo Iglesias Hernández, se encarga de organizar este evento dende hai tres anos. A competición desenvolverase a través do Student Lab de Interactive Brokers, no que participan 178 universidades e institucións formativas de 38 países, “catro delas universidades españolas”.

    Ao longo das cinco xornadas que dura este desafío, as e os participantes aprenderán “como comprar e vender cun 1.000.000 de euros en diñeiro de mostra”, adquirindo así “horas de voo”, algo que segundo recalca o docente é imprescindible para que “cada participante atope a súa maneira persoal de facer trading”, é dicir, operar con instrumentos financeiros co obxectivo de obter un beneficio. E é que como indica o profesor Vila Biglieri, “practicando durante un período non inferior a tres meses e comprobando que estamos obtendo rendemento, podemos comezar a traballar con diñeiro real e obter un rendemento que nos axude a compensar a crise e a inflación”. En todo caso, lembra, “a andar en bicicleta apréndese pedaleando e o trading apréndese practicando, cunha boa técnica, moita paciencia e  disciplina”.

    Unha clase en liña previa ao inicio da competición

    Esta iniciativa está aberta a calquera persoa que queira achegarse ao mundo da Bolsa e non se require formación específica previa, aínda que antes de comezar a competición impartirase unha sesión formativa en liña, o día 8 de novembro ás 16.00 horas.

    Unha vez arranque o concurso, as e os participantes poderán investir “en calquera tipo de activos, como accións, opcións ou  futuros de entre os que están dispoñibles na plataforma”. Pero ademais dos produtos dos mercados bolsistas, a competición tamén aborda os mercados de criptomoedas. Como destaca o docente, a pesar de que coa caída do Bitcoin moitos inversores “tiveron fortes perdas, de entre un 50% e un 70%”, hoxe hai axencias que estiman que esta moeda “vai chegar ao millón de dólares a finais de 2030; está claro que as criptos viñeron para quedarse”. No que se refire estritamente á competición, e aínda que existe unha ampla oferta de “moedas apoiadas en proxectos interesantes, o Student Lab só nos permitirá investir en Futuros de criptomonedas que xa foron estudados e aceptados pola Comisión de Bolsa Americana (Security Exchenge Comission) oficialmente a cotización”.

    Unha vez rematada a competición, as carteiras das persoas participantes ordenaranse atendendo ao incremento de liquidez neta neste período. O xogador que se clasifique en primeiro posto obterá unha matrícula de balde no Curso de Advanced Trading, mentres que o segundo clasificado poderá beneficiarse dun desconto do 50% e o terceiro do 25%. Os resultados da competición anunciaranse o 30 de novembro, tras a auditoría que realizará a comisión de control.

    Na procura de talento financeiro

    Esta competición forma parte dun ecosistema formativo da Universidade de Vigo que comprende tamén o Curso de Introdución á Bolsa, que coordina o profesor José Luis Sáez Ocejo e se imparte dende hai 20 anos, e o Curso de Advanced Trading, impulsado por este, xunto co propio Vila Biglieri, e cuxa próxima edición está prevista para o vindeiro mes de febreiro.

    “A longa tradición do Curso de Introdución á Bolsa na Facultade de Comercio e o Curso de Advanced Trading, con seis edicións, permiten crear uns grupos onde se xera un caldo financeiro especial que nos fai máis conscientes dos movementos dos prezos e, pouco a pouco, nos axuda a tomar mellores decisións financeiras”. De feito, un dos novos docentes do Curso de Advanced Trading, Alejandro Álvarez, “foi descuberto na primeira competición de Bolsa”, mentres que algúns estudantes que participaron decidiron aproveitar esta experiencia para realizar o seu traballo fin de grao. En resumo, recalca, “esta competición permítesenos detectar o talento dos participantes, en especial dos nosos estudantes e aproveitar a sinerxía para descubrir técnicas operativas rendible”.

    Inscrición

    Todas as persoas interesadas en participar na competición deberán rexistrarse enviando un correo electrónico a competicionbolsa@uvigo.es, antes das 23.59 horas do 7 de novembro. En menos de 24 horas recibirán un email de confirmación xunto coa información inicial, regulamento, clave de acceso e contrasinal. O límite máximo será de 100 participantes e a matrícula é de balde.

    Tags: BolsaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo suma graos en Deseño e en Enxeñaría da Automoción e máster en Enxeñaría Aeronáutica
    Local

    A UVigo suma graos en Deseño e en Enxeñaría da Automoción e máster en Enxeñaría Aeronáutica

    08 de Jun, 2023
    Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia
    Local

    Vigo convértese durante tres días en sede internacional do coñecemento en nanociencia

    07 de Jun, 2023
    Os servizos de emprego das universidades españolas reuniranse este mes en Vigo
    Local

    Os servizos de emprego das universidades españolas reuniranse este mes en Vigo

    05 de Jun, 2023
    O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa pola UVigo o luns 12 de xuño
    Local

    O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa pola UVigo o luns 12 de xuño

    30 de May, 2023
    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición
    Local

    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición

    29 de May, 2023
    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos
    Ciencia y Tecnología

    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos

    26 de May, 2023

    Más Vistos

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    por David Lorenzo
    06 de Jun, 2023
    0

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    por Redacción
    06 de Jun, 2023
    0

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    por David Lorenzo
    07 de Jun, 2023
    0

    Un juzgado reconoce el derecho de un operario de Stellantis Vigo con un hijo dependiente a reducir su jornada

    Un juzgado reconoce el derecho de un operario de Stellantis Vigo con un hijo dependiente a reducir su jornada

    por Europa Press
    05 de Jun, 2023
    0

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    por David Lorenzo
    06 de Jun, 2023
    0
    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”
    Música

    El concierto de Guns N’ Roses en Vigo sigue adelante y la promotora Live Nation, que gestiona la gira del

    Leer mas

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    por Redacción
    06 de Jun, 2023
    0
    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla
    Local

    Vigo cuenta desde este martes con un nuevo supermercado de una de las firmas con mayor presencia en la ciudad:

    Leer mas

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    por David Lorenzo
    07 de Jun, 2023
    0
    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025
    Local

    El contrato lanzado en 2019 por el Concello de Vigo para ocuparse del mantenimiento de los elementos mecánicos pertenecientes al

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR