Os sectores máis reclamados seguen a ser os relacionados coa telefonía e as compañías enerxéticas. Ambos concentran o maior número das queixas, con 1.146 e 471 reclamacións, respectivamente. Séguenlles as empresas electrónicas e as dedicadas aos transportes con 398 e 344 incidencias abertas.
De entre os 280 expedientes abertos no 2017, e que supuxeron unha recadación de preto de 550.000 euros en multas, dous foron por infraccións moi graves, 153 graves e 125 de carácter leve.
Neste senso, a Xunta de Galicia, que tutela o IGCC, salientou que o pasado mes de xuño multouse á empresa responsable do servizo municipal de auga en Vigo cunha sanción de 15.000 euros por non ter activado un teléfono gratuíto de atención ao usuario.
Arbitraxes
As reclamacións resoltas pola vía do arbitraxe propiciaron 447 laudos emitidos, dos que 289 foron estimados, 132 desestimados e 26 conciliados.
A este respecto, actualmente hay 12.331 as empresas e establecementos galegos adheridos ao Sistema de Arbitraxe de Consumo, que ofrece unha solución extraxudicial de resolución de conflitos.