Máis alá do deportivo, este artigo é para recoñecer que tanto un como o outro son lugares de obrigada visita nunha viaxe pola Galicia máxica, rural e fermosa. O primeiro, O Ézaro, atópase na desembocadura en fervenza do río Xallas. Cae directamente ó mar e ofrece un ascenso terrible pola dureza e extremadamente fermoso pola paisaxe. Neste recuncho de Dumbría xúntase mar, río e unha praia espectacular. Para pasar un ou varios días de relaxación absoluta.
Máis o norte, na serra da Capelada, moi cerca de Cabo Ortegal, está o miradoiro de Herbeira coa súa garita. Está lonxe de todo e soamente cerca de San Andrés de Teixido. Os dous puntos son para admirar nunha mesma viaxe. Teixido é, hoxe en día, un destino turístico coñecido, pero non o é tanto o cumio do monte. Alí, a máis de 600 metros sobre o nivel do mar, iníciase unha caída constante cara o mar. Ó parecer son s acantilados de maior altura de Europa. En todo caso, é un lugar de obrigada visita. Iso si, procurar buscar un día sen néboa. Non sempre é doado. Dende alí enriba pode escoitarse bater o mar ó lonxe. Unha ‘garita’ militar, bastantes vacas, toxos e muíños de vento completan a paisaxe.