A feira, que nace este año, estará formada por vinte postos que mostrarán a mellor gastronomía das Rías Baixas, e doce chefs presentarán propostas elaboradas con especies capturadas polas flotas de arrastre, cerco e palangre de Vigo. Ademais, noutros doce espazos serviranse diversas especialidades culinarias e realizaranse exhibicións de cociña e catas.
Por outra banda, o evento dará cabida, entre as súas receitas gastronómicas a base de peixe, á repostería elaborada con produtos mariños. Na inauguración levarase a cabo unha degustación da proposta de repostería mariñeira de Alfonso Díaz, autor de obras como ‘Los sabores azules de la Ría’ –mellor libro de receitas de peixe de España 2012 por Gourmand París-.
Os concertos inclúen actuacións de Freedonia, The Soul Jacket, Los Mambo Jambo, Las Lollipops, Miss Cafeina, Hot Chocolates e Julián Maeso. En canto ás actividades deportivas, o Vigo SeaFest acollerá torneos de waterpolo, balonmano praia, volei praia, kayak polo, motos de auga, fly-board e bautizos de mar.
«A Vigo faltáballe esta gran festa en torno ao peixe e á alimentación porque somos unha gran despensa de toda España e de parte de Europa e necesitábase a visualización dunha parte deste traballo», asegurou o rexedor olívico, á vez que augurou un «éxito excepcional» ao evento que «chega a Vigo para se quedar».
O convenio supón unha achega total de 155.000 euros, dos que 105.000 son do Concello de Vigo e 50.000 da Deputación de Pontevedra. «A contía é importante pero aínda máis o entusiasmo que puxemos todos no proxecto», comentou Caballero, que lembrou que só en Vigo a pesca extractiva xera 30.000 empregos.
Pola súa banda, Carmela Silva tamén augurou que o Sea Fest «vai converter desde este primeiro ano nunha referencia xa que o organiza a cooperativa de armadores, que ten unha larguísima tradición no ámbito da economía de Vigo e unha enorme capacidade para xerar proxectos, economía e emprego». «Era necesario un evento como este para mostrar ao mundo a realidade da nosa pesca, que é referencia mundial», afirmou.
O presidente da cooperativa de armadores do Porto de Vigo, Javier Touza, agradeceu a «total receptividade» por parte das institucións que tiveron desde que comezaron a traballar neste proxecto. «Necesitamos que os medios de comunicación sigan transmitindo todas as inquietudes do sector ante os retos que nos ameazan», apuntou, á vez que resaltou á xente do mar como «un colectivo transcendental» económica e socialmente en Vigo e en Galicia. «Vigo é a despensa azul de Europa e queremos que a xente lle poña cara á pesca», concluíu.