• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    arquitectura

    Os arquitectos de Pontevedra, Vigo e Ourense recoñecen 14 obras

    Entregaron os diplomas aos profesionais gañadores dos premios Gran de Area de aportación á arquitectura
    Redacción por Redacción
    23 de Nov, 2019
    en Arquitectura
    0
    Os arquitectos de Pontevedra, Vigo e Ourense recoñecen 14 obras

    O acto, que se celebrou no Salón García de Vilagarcía de Arousa, estivo presidido pola decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia; o deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra, Gregorio Luís Agís; o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela; e o presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos, Anselmo Villanueva.

    Ao evento asistiron tamén autoridades locais e autonómicas, como a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Miguel Fernández Cid; o delegado en Pontevedra do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros da Edificación de Pontevedra, Manuel Raño; a concelleira de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio do Concello de Ourense, Sonia Ogando; e o concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Transporte do Concello de Ourense, José Miguel Caride; entre outros.

    Estas distincións supoñen un recoñecemento ao labor “conxunto e tan necesario” de todos os axentes – arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores– que interveñen no proceso de xestación e construción dunha obra de arquitectura de calidade desenvolta nas demarcacións de Pontevedra, Vigo e Ourense. O obxecto do certame é destacar o valor da obra arquitectónica, unha “pequena pero importante aportación á arquitectura, á creación e á posta en valor da contorna”.

    Este ano presentáronse 75 proxectos (40 propostas executadas na demarcación da delegación de Vigo, 24 na de Pontevedra e 11 na de Ourense) de moi diversas escalas e localizacións, que son o resultado que aglutina o mellor dos arquitectos e das arquitectas, pero tamén de todos os axentes de obra que os acompañan no proceso construtivo, como son os aparelladores, promotores, enxeñeiros, construtores e mesmo artesáns da madeira ou do metal.

     MG 7744

    O xurado valorou a totalidade dos proxectos presentados e os aspectos concretos que aportan un carácter ou valor singular pola súa tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo ou implantación no territorio. Finalmente, seleccionou como gañadoras 14 obras, e mostrou a súa satisfacción ao corroborar o incremento de obras presentadas respecto doutros anos, e a constatación da gran calidade de todas elas, que premiadas ou non, son “testemuño do bo facer, do talento e do esforzo agochado tras cada traballo”. 

    Proxectos premiados

    -Rehabilitación de edificio para vivenda unifamiliar
    Rúa Ferrería 8, Vigo
    Ramón Viéitez Rodríguez e Alberto Cebral Loureda
    Pola habilidade na incorporación da luz cenital como elemento conformador da vivenda, coa dificultade engadida da mínima e singular morfoloxía da parcela nun contorno moi consolidado dun casco histórico.

    -Stand Navaliber
    Navalia 2018
    Pablo Menéndez Paz
    Pola uso da cor como elemento identitario pero sen renunciar á elegancia que aporta unha malla estrutural que xoga co perfecto equilibrio entre contundencia e fraxilidade.

    -Clínica Javier Fernández Ulloa
    Rúa Colón, nº 3, Vigo
    Pablo Menéndez Paz
    Pola súa linguaxe perfectamente integrada na fachada do edificio preexistente, e pola elegancia e acerto no deseño de todos os elementos arquitectónicos e icónicos que conforman o proxecto.

    -Vivenda unifamiliar DVL
    Urbanización Pazo de Ramirás, 39. Ourense
    Manuel Jorreto Díaz
    Pola súa correcta implantación no lugar, dando unha elegante solución a unha topografía de forte pendente, así como pola súa serena e contundente solución volumétrica, cunha materialidade adecuada ao seu contorno.

    -Restauración da Fonte da Torre
    Caldas de Reis. Pontevedra
    José Luis Gil Pita
    Pola seu respectuoso tratamento dun elemento patrimonial e histórico e pola acertada incorporación e posta en valor dos oficios tradicionais na intervención.

    –Centro de actividades de montaña con aloxamentos
    Lugar de Frinxo, Tui
    Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñares Túñez. Salgado e Liñares, SLP
    Pola correcta integración no lugar de todo o conxunto edificado, tanto as novas construcións como os volumes rehabilitados, nun equilibrio perfecto entre volumetrías tradicionais e materialidade, o que permite a posta en valor do contorno.

    -Vivenda unifamiliar
    Lugar Cortiñas de Abaixo, Corbillón. Cambados
    Francisco Galiñanes Chaves
    Por conquistar unha relación perfecta entre interior e exterior, cun uso moi acertado dos patios, dos materiais e da luz, perfectos protagonistas e artífices da serenidade e contundencia desta vivenda.

    -Edificio Faraday
    Etea, Vigo
    Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso. Abalo Alonso Arquitectos
    Polo respectuoso trato da arquitectura preexistente, nun exercicio de intencionadas contencións, así como pola eficacia funcional do programa proposto. 

    -Reforma interior de piso de grandes dimensións
    Rúa Marqués de Valladares, Vigo
    David Vázquez García
    Pola acertada optimización do espazo cunha habilidosa organización das dúas vivendas, dotándoas dun programa máis contemporáneo do preexistente, así como pola actualización das envolventes que favorecen un maior confort e aforro enerxético.

    -Vivenda unifamiliar aillada
    Irmáns Noia Xil, esquina rúa O Rosal s/n. A Guarda
    Xavier Pousa Arbones
    Pola habilidosa resolución do programa nunha parcela de complicada topografía e morfoloxía, así como polo agradecido uso dos materiais e solución de fachada.

    -Casa para un artista
    Rúa Vista Alegre, Vigo
    María Pilar González Ferro e Jordi Castro Andrade. Castroferro Arquitectos
    Pola súa proposta que, desposuída de complexos, recupera os vellos elementos construtivos e fai deles parte da nova coreografía, na que unha construción directa e sincera, fai que a casa adquira unha nova identidade chea de significado.

    -Parque arqueolóxico da arte rupestre
    Campo Lameiro, Pontevedra
    Alberto Redondo Porto, José Martín Valladares Durán e Marcial Rodríguez Rodríguez. Redondo Valladares y Rodríguez SLP
    Por tratarse dunha obra que ten demostrado a súa exquisita pervivencia no tempo, cun uso destacado da pedra como material da fachada, pero resolto cunha singular solución que lle outorga ao edificio unha tectónica afastada dos convencionalismos, pero á vez moi vencellada á tradición e contorno na que se encadra.

    -Rehabilitación de vivenda tradicional
    Lugar de Pousada. Parroquia de Callobre, 3. A Estrada, Pontevedra
    Alberto Redondo Porto, José Martín Valladares Durán e Marcial Rodríguez Rodríguez. Redondo Valladares y Rodríguez SLP
    Por ser exemplo da posta en valor da arquitectura tradicional desde a sensibilidade no uso dos materiais, a contención no emprego de novos elementos e o respectuoso uso das volumetrías preexistentes.

    -Zenvisión
    Tui, Pontevedra
    Jorge Enríquez Méndez
    Pola firme aposta no uso dun material único que permite a resolución de moitos dos elementos que requiría o programa, e por demostrar á perfección a importancia e peso da estratexia proxectual no éxito final dunha obra, máis alá dos condicionamentos orzamentarios.

    43

    RelacionadosArtículos

    Los descendientes de los últimos moradores del Pazo de Castrelos obsequian a Vigo con sus recuerdos
    Cultura

    Los descendientes de los últimos moradores del Pazo de Castrelos obsequian a Vigo con sus recuerdos

    03 de Jul, 2025
    Vigo impide la entrada a los feriantes con un control policial a las puertas del Ayuntamiento
    Local

    Críticas al gobierno local de Vigo por el «veto» policial a los feriantes: «Todas esas órdenes parten de Caballero»

    03 de Jul, 2025
    El presidente de la Diputación de Pontevedra anima a estudiantes de Erasmus a volver con «más conocimiento y fuerza»
    Comarcas

    El presidente de la Diputación de Pontevedra anima a estudiantes de Erasmus a volver con «más conocimiento y fuerza»

    03 de Jul, 2025
    Orden de búsqueda para la educadora condenada en Vigo por abuso sexual a una menor
    Sucesos

    Orden de búsqueda para la educadora condenada en Vigo por abuso sexual a una menor

    03 de Jul, 2025
    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    03 de Jul, 2025
    Caos de tráfico en Samil (a 32 grados) por los cortes del Rally Rías Baixas: estas son las restricciones en Vigo
    Local

    Caos de tráfico en Samil (a 32 grados) por los cortes del Rally Rías Baixas: estas son las restricciones en Vigo

    03 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR