A quinta edición do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” está promovido pola Mancomunidade do Valmiñor e estase a desenvolver desde o 1 de decembro de 2016, na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ao longo dos seis meses de duración, os vinte alumnos traballadores (dez de operacións básicas de cociña e de servizos de restaurante), serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social que comezou a funcionar este martes.
Os traballadores do obradoiro son sempre seleccionados a través das listaxes do INEM, mentres que os usuarios do comedor social proceden dos departamentos de servizos sociais dos tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor.
O presidente da Mancomunicade e alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o alcalde de Nigrán, Juan González, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, acudiron este martes á presentación do obradoiro e á apertura do comedor social que se desenvolve os martes e xoves, segundo a programación do obradoiro, durante todo o proxecto.
O director do Obradoiro de Emprego «Terras do Miñor», Jose López, destacou a profesionalidade dos responsables do obradoiro e a calidade do servizo que prestarán todos os alumnos. “Temos un comedor social de primeira categoría”, sinalou.
Pola súa banda, Ángel Rodal destacou os esforzos da Mancomunidade para conseguir “xente preparada e especializada grazas aos obradoiros, de maneira que poidamos fomentar o emprego no Val Miñor e que mediante a formación poidan entrar no mercado de traballo”.
O Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” foi solicitado dende a Mancomunidade o 24 de febreiro, obtendo a resolución favorable da Xunta en outubro. Esta será a quinta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total), comezando o 1 de decembro na Residencia de Tempo Libre de Patos e rematando o 31 de maio.