Na presentación estiveron presentes o promotor do acto, Ángel García de ‘Ángel Estilistas’, a presidenta de ASODIFISI, Asunción Monroy, xunto cos/as usuarios/as da Asociación, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro.
Esta idea surxiu co obxectivo de axudar a colectivos sensibles de Mos, xa que Ángel García participou como perruqueiro invitado nunha iniciativa para recaudar fondos para familias desfavorecidas en Tomiño e decidiu importar o concepto ao seu propio municipio.
O horario da actividade será de 16.00 horas ata a medianoite, tempo durante o que os asistentes poderán cortar o pelo ou peitearse polo simbólico prezo de 5 euros que serán doados a ASODIFISI e AECC Mos. Ademais ao longo da xornada haberá desfiles, concertos, Crosstraining, baile, etc.
Haberá un total de 10 perruqueiros/as convidados ao servizo dos asistentes, procedentes tanto de Mos coma doutras localidades veciñas como Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Nas propias palabras de Ángel García, “o que pretendemos é que a xente se involucre e o pase ben, se logo queren cortar o pelo ou peitearse perfecto. Ademais quen queira colaborar económicamente sen facerse ningún tratamento de perruquería tamén pode”. García espera, se o evento deste ano sae ben, poder darlle continuidade no tempo e repetilo o vindeiro ano e en moitas máis sucesivas edicións.
Os horarios das actividades serán os seguintes:
Ás 17.00 horas clase de Crosstraining a cargo de Molis Box
Ás 18.00 horas exhibición de bailes de salón a cargo do clube BailaMos
Ás 19.00 horas exhibición de baile moderno a cargo de MaiSon
Ás 20.30 horas concerto da Turre’s Band
Ás 21.00 horas concerto de Argonat Band
Ás 22.00 horas concerto do grupo Algarabía
Ás 23.00 horas desfiles a cargo da tenda Top Class, de Elena Rial e actuación do grupo de hip hop Grow as Ohana