Os exteriores da instalación converteranse entre as 9,00 e as 21,00 h nun parque de actividades para toda a familia. O custe de inscrición para as actividades deportivas previstas é de 2 euros para socios de Máis que Auga e de 4 euros para o resto dos participantes. Está previsto tamén o acceso para aqueles que só queren participar nas actividades de ocio para os máis pequenos, cunha inscrición de 2,5€. E durante a semana hai unha fila cero solidaria para os usuarios que queiran facer metros solidarios na piscinas ou na sala fitness dos centros Máis que Auga. O 100% da recadación solidaria será para asociación de pacientes oncolóxicos infantís Bicos de papel á que se lle fará entrega do correspondente cheque no transcurso da festa.