A pesar de que o día non acompañou pola choiva, ao chegar á Praza do Obradoiro agardávalles un gran recibimento das súas familias e da comunidade educativa, que cunha grande pancarta quixeron amosarlles o orgullosos que estaban deles por ter chegado ao final do seu reto solidario.
A andaina, que iniciaron o pasado martes vintecinco nenos e nenas, acompañados de varios docentes, tiña como obxectivo formalos como axentes contra o acaso escolar e mediadores de conflitos. Ademáis a través do recadado como apoio á este Camiño Solidario van axudar a un proxecto educativo para 35 mozos e mozas que a ONG Taller de Solidaridad ten en Urcos, un pobo da serra andina do Perú.
Os escolares de 6º de Primaria, 1º, 2º e 3º da ESO que fixeron o Camiño foron elixidos polos seus propios compañeiros e compañeiras polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo. Ao longo estes días de Camiño traballaron valores como o esforzo, a solidariedade, a axuda aos demáis ou o compañeirismo.
Durante as últimas semanas tamén buscaron patrocinadores que colaboraran economicamente co proxecto entre as súas familias e, sobre todo, entre establecementos comerciais e pequeñas empresas do barrio de Teis. O recadado permitiu sufragar o Camiño Solidario e tamén vai permitir colaborar na formación profesional de 35 mozos e mozas do pobo peruano de Urcos, mellorando as insfraestruturas do centro de formación e iniciando un novo programa de formación en artesanía de metáis e pedras, confección téxtil e gastronomía.