O alcalde quere así presionar ao Executivo autonómico para ter por escrito e oficialmente a negativa da Xunta á construción dese estacionamento. “Iniciamos a tramitación oficial e a Xunta recibirá un requirimento oficial de compra ao que está obrigada a contestar”, explicou Caballero este luns.
Cómpre lembrar que o pasado 16 de xaneiro o Concello enviou unha carta á Consellería de Sanidade solicitando a cesión ou venda da parcela. Polo de agora non houbo resposta, polo que o alcalde busca deste xeito que o 16 de febreiro –cando se cumpra o mes de prazo outorgado- “estea iniciado o expediente oficial de solicitude de compra”.