Ademais, se incorporan dez médicos máis, nove da OPE e un do Concurso de Traslados, o que supón un incremento de persoal estable, pasando dunha porcentaxe de 73,20% ao 82,36% de persoal fixo na categoría de médico de familia.
Os postos elixidos foron en Puntos de Atención Continuada de Val Miñor, Redondela, Cangas-Moaña, Cañiza, A Guarda, Porriño e Tui. En centros de saúde, o de Pintor Colmeiro, Doblada, A Guarda, Cangas, Coia, Salvaterra de Miño, O Rosal, Casco Vello, Moaña, Gondomar, Ponteareas, Teis, Tui e O Porriño.
Máis prazas e novos médicos
A estas novas incorporacións hai que engadirlle as tres novas prazas creadas de médico de familia nos centros de saúde de Coia, Lavadores e Ponteareas do Plan Galego de Atención Primaria, que se incorporaron o pasado 4 de novembro. Ademais, nos próximos meses, o Sergas dotará a área viguesa de máis prazas de médico de familia de nova creación, entre catro e seis. A incorporación de novas prazas continuará tanto en 2020 como en 2021.
En definitiva, a Área Sanitaria de Vigo espera incorporar en vindeiras datas, entre sete e nove facultativos a prazas de nova creación, ademais dos 10 doutores que se incorporaron doutras áreas, sendo unha das incorporacións mais importantes nos últimos anos. Para o emprazamento das novas prazas priorizarase, entre outros criterios, a existencia de prazas docentes no centro de saúde.
Por outra banda, tamén nestes días se incorporan dous facultativos que ata agora non estaban no Sergas co novo contrato de continuidade, acadando agora mesmo un total de oito contratos deste tipo.