• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    lunes, 8 de marzo de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un estudo do Chuvi e a UVigo sobre hipertensión, recoñecido entre os 7 mellores do mundo

    Trátase do ‘Proxecto Hygia’, que conclúe que as persoas con presión arterial alta deben tomar os medicamentos hipertensivos antes de deitarse en lugar de facelo pola mañá
    Redacción por Redacción
    30 de Abr, 2020
    en Salud
    0
    Un estudo do Chuvi e a UVigo sobre hipertensión, recoñecido entre os 7 mellores do mundo

    Juan Crespo, coordinador da Unidade Compartida de Investigación en Atención Primaria. / Foto: Chuvi

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O ‘Proxecto Hygia’, que desenvolven o servizo de Atención Primaria do Chuvi e a Universidade de Vigo, vén de obter un dos recoñecementos internacionais máis importantes como é a designación como un dos sete estudos de maior impacto publicados no mundo o pasado ano. Así o decidiu o comité de expertos da Sociedade Americana de Medicina Interna na súa recente reunión anual.

    Desde hai varios anos, un grupo de investigadores desta Sociedade Americana fai unha valoración dos estudos publicados ao longo do ano anterior nas mellores revistas científicas. Este comité ten que seleccionar por unanimidade os sete informes que poden ter maior impacto á hora de cambiar a práctica clínica en medicina interna. Este ano seleccionaron o traballo do ‘Proxecto Hygia’ entre eles.

    Os últimos resultados do proxecto publicáronse o outono pasado na European Heart Journal, a revista de maior impacto mundial no mundo da cardioloxía. O artigo co resumo dos sete traballos vén de publicarse online en The American Journal of Medicine.

    O traballo dos investigadores vigueses centrouse nos tratamentos e diagnósticos da hipertensión e comezou hai máis de 6 anos. O obxectivo do traballo era analizar o efecto que ten o momento do día no que as persoas toman os seus medicamentos antihipertensivos sobre o risco de problemas cardiovasculares.

    Á fronte do estudo están o doutor Juan Crespo, que traballa no Centro de Saúde de Bembrive e é coordinador da Unidade Compartida de Investigación de Atención Primaria, e o profesor Ramón Hermida, director do proxecto e responsable do Laboratorio de Bioinxeniería e Cronobioloxía da Universidade de Vigo.

    A conclusión do informe foi contundente: as persoas con presión arterial alta deben tomar os medicamentos hipertensivos antes de deitarse en lugar de facelo pola mañá. De feito, os pacientes que tomaban a medicación antes de durmir tiñan preto da metade do risco (unha redución do 45%) de morte por un ataque ao corazón, un infarto de miocardio, un derrame cerebral ou unha insuficiencia cardíaca ou que requira dun procedemento para desbloquear arterias estreitas (revascularización coronaria), en comparación con aqueles pacientes que tomaban a medicación no momento de erguerse.

    Durante o desenvolvemento do estudo, os investigadores axustaron as súas análises para ter en conta factores que puidesen afectar aos resultados, como a idade, o sexo, a diabetes tipo 2, as enfermidades renais, o tabaquismo e os niveis de colesterol. Cando analizaron os resultados individuais, atopáronse con que o risco de morte por problemas cardiovasculares reducírase nun 66%, o risco dun infarto de miocardio nun 44%, a revascularización coronaria nun 40%, os fallos cardíacos nun 42% e o risco dun derrame cerebral nun 49%.

    Máis de 19.000 pacientes
    Na investigación do ‘Proxecto Hygia’ interviñeron 292 facultativos do Sergas, a maioría da área sanitaria de Vigo, e implicáronse 40 centros de saúde.

    A poboación sobre a que se realizou o traballo superou os 19.000 pacientes durante o período do estudo. Foron 10.614 homes e 8.470 mulleres, todos eles diagnosticados como hipertensos con criterios de monitorización ambulatoria, que tomaron a medicación antes de deitarse ou ao levantarse e aos que se seguiu de preto durante un longo período (unha media de 6,3 anos entre 2008 e 2018).

    Tags: Atención PrimariaChuviProxecto HygiaSociedad Americana de MedicinaUniversidade de Vigo

    RelacionadosArtículos

    A UVigo, primeira universidade española na que as mulleres accederán gratuitamente a produtos de hixiene feminina
    Local

    A UVigo, primeira universidade española na que as mulleres accederán gratuitamente a produtos de hixiene feminina

    08 de Mar, 2021
    Logopedas do Chuvi atenderon a unha trintena de pacientes con Covid-19 nas UCIs
    Covid-19

    Logopedas do Chuvi atenderon a unha trintena de pacientes con Covid-19 nas UCIs

    06 de Mar, 2021
    Noches húmedas en la Universidade de Vigo
    Más Vigo

    Noches húmedas en la Universidade de Vigo

    06 de Mar, 2021
    A UVigo é designada como a universidade máis transparente de España
    Local

    A UVigo é designada como a universidade máis transparente de España

    04 de Mar, 2021
    El Cunqueiro recibe a un centenar de estudiantes de Ingeniería Biomédica
    Salud

    El Cunqueiro recibe a un centenar de estudiantes de Ingeniería Biomédica

    04 de Mar, 2021
    Telefónica y UVigo muestran la aplicación del 5G a la producción de vídeo y al coche conectado
    Ciencia y Tecnología

    Telefónica y UVigo muestran la aplicación del 5G a la producción de vídeo y al coche conectado

    04 de Mar, 2021

    Más Vistos

    Las obras para unir el Centro Vialia con Vía Norte cortarán el tráfico en la zona durante un mes

    El Centro Vialia de Vigo anuncia la llegada de cuatro nuevas firmas

    por Redacción
    01 de Mar, 2021
    0

    Motos camufladas de la Guardia Civil imponen 25 sanciones a pilotos en carreteras de la provincia

    Motos camufladas de la Guardia Civil imponen 25 sanciones a pilotos en carreteras de la provincia

    por Redacción
    03 de Mar, 2021
    0

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    por Julio Alonso
    28 de Feb, 2021
    0

    El área sanitaria de Vigo marca un récord de contagios nuevos tras superar las 2.100 PCRs

    La mejoría en el área de Vigo permite abrir Redondela, Moaña y Oia, pero sus malos datos cierran Mos, Mondariz y Pazos

    por Redacción
    02 de Mar, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=dZVp8RUjROI

    Casting en Vigo en busca de niños para rodaje remunerado en serie de TV

    por Redacción
    06 de Mar, 2021
    0
    Televisión

    La productora Alén Filmes ha anunciado un nuevo casting en busca de niños (varones) con residencia en Vigo o alrededores...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms below to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    ¡NO sigas este enlace o serás bloqueado en este sitio!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necesarias
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    No necesarias

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.