Hurge é un movemento a nivel nacional que ten como obxectivo por en marcha unha serie de actuacións que convertan a asistencia en Urxencias nunha atención máis cálida, máis humana e emocional.
A comunicación galardoada, que leva por titulo “Humanizar es urgente”, basease nun estudo realizado por estes profesionais sobre as necesidades do servizo de urxencias e das medidas que se poderían implementar para mellorar no ámbito da humanización.
Así, baixo o lema “Non humaniza quen poden, senón quen quere”, realizan unha reflexión orientada cara a un cambio de actitude. Unha das autoras do estudo, a supervisora de Urxencias Rosa Morais explica que -“en moitas ocasións, progresar non implica a implementación de grandes medidas estruturais ou organizativos, senón culturais. Isto é, supoñen un cambio de actitude individual e colectiva previo a un proceso de concienciación e empatía, coa finalidade de esquecernos do concepto do paciente /usuario e centrarnos nas persoas. Somos persoas coidando a persoas”-.
Percepción dos pacientes
O servizo de Urxencias é un servizo de especial sensibilidade, ao que os pacientes acoden con medo e incertidume. Os pacientes son atendidos en diferentes áreas e por diferentes equipos de profesionais. Son momentos que xeneran inquietude e estrés entre os familiares e o propio persoal, que teñen que facer fronte e dar resposta a situacións complicadas.
“Estamos convencidos que se poden humanizar os servizos de Urxencias, mellorar a xestión das persoas, dos procesos, personalizar a nosa asistencia, coidar dos que coidan e desarrollar un modelo máis humano, digno e sostible”- argumenta outro dous autores da comunicación, o enfermeiro Felipe Iglesias. “Hai que mellorar a experiencia dos usuarios e para isto é necesario posicionar de novo ao paciente no centro do sistema, e a súa abordaxe debe ser integral, buscando unha concepción máis holística que non se ocupe solo da esfera biolóxica, senón tamén da psicológica, social e conductual”-.
Para finalizar, Rosa Morais conclúe que -“estamos moi satisfeitos con este recoñecemento, que serverá como punto de partida para a creación de novos grupos de traballo nos que debateremos sobre a viabilidade destas propostas”-.
Humanización da EOXI de Vigo
Este estudo vínculase coa primeira liña do Plan Estratéxico da EOXI de Vigo, que baixo o lema “O paciente é o primeiro”, trata de humanizar o coidado ao paciente en todo o proceso asistencial, especialmente en situacións críticas e de fraxilidade, contemplando tamén “coidar ao que coida”.
En xeral, trátase de introducir na asistencia sanitaria unha nova filosofía de traballo, máis humanizada e personalizada, na que ademais de tratar as enfermidades se atenda tamén ás persoas; en definitiva, un “hospital con corazón”, no que os usuarios sexan tratados atendendo a toda a súa dimensión humana.
Neste contexto estase a desenvolver numerosas medidas entre hai que subliñar a humanización das UCIs -apertura da pediátrica as 24 horas do día e a ampliación dos horarios na de adultos-.