O rexedor Abel Caballero visitou este martes un dos obradorios que organiza o Concello sobre alimentación saudable no remodelado Mercado de O Progreso. 150 alumnos de Primaria aprenderán a alimentarse de forma sá, achegándose aos distintos tipos de alimentos e a súa distribución no mercado e nos supermercados.
Tal e como explicou o rexedor, unha cociñeira lles aprenderá as pautas básicas de alimentación, así como a elaborar dúas receitas. Primeiro, guirá aos nenos para facer a compra no mercado e con eses alimentos, elaborarán unha receita saudable que despois degustarán.