Neste encontro, o Sergas demandoulle ao centro médico unha ampliación de documentación sobre a situación financeira na que basean a convocatoria do preconcurso e instou á dirección do hospital a garantir o pago das nóminas ao persoal.
Neste sentido, administración sanitaria quixo lembrar que vén cumprindo co concerto asinado e comprometeu que “así o seguirá facendo puntualmente”, coas liquidacións mensuais que prevé o concerto para unha poboación máxima de 139.000 habitantes.
O concerto prevé un pago capitativo de 540 euros por habitante a percibir por Povisa, de acordo coas prestacións que inclúe a súa carteira sanitaria para os pacientes que optan por recibir atención nese centro sanitario.
Por outra banda, acordouse a constitución dun comité de traballo para a implantación dunha aplicación informática de produtos farmacéuticos, do mesmo xeito que xa se vén aplicando nas áreas sanitarias galegas, e púxose sobre a mesa a posibilidade de implantar controis de xestión.
Responsabilidades
Ata o de agora, as diferencias sobre a derivación de pacientes fora do concerto que reclamaba o centro hospitalario foi resolta favorablemente para o Sergas nas instancias xudiciais.
O Sergas lembra que mantén abertas tódalas liñas de diálogo na procura de solucións para garantir a tranquilidade dos cidadáns e a calidade e seguridade asistencial no área de Vigo. En ningún caso, as circunstancias financeiras de Povisa poden ser atribuídas ao concerto actualmente en vigor.