Fernández Nogueira é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a especialidade de Análises Clínicas no hospital A Paz de Madrid. Leva 30 anos traballando no hospital do Meixoeiro, asumindo a dirección do Laboratorio, primeiro como xefe de sección e máis tarde como xefe de servizo. Como responsable de Análises Clínicas do Meixoeiro participou de forma moi activa, tras a reordenación da área Sanitaria de Vigo en 2015, na consecución do laboratorio central Core, situado en instalacións dese hospital.
O servizo de Análises Clínicas conta con 26 facultativos especialistas, tres residentes, 70 técnicos de laboratorio e oito auxiliares administrativos. Entre os seus obxectivos, o doutor Fernández Nogueira destaca “a mellora nos tempos de resposta das analíticas que se solicitan nos servizos máis urxentes, como o Hospital de Día ou o servizo de Urxencias”.
Unidade de Coloproctoloxía
O cirurxián Enrique Moncada é o novo xefe de sección da Unidade de Coloproctoloxía do Chuvi, que pertence ao servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo. Realizou os seus estudos de Medicina en Zaragoza e a especialidade en en cirurxía no Hospital Clínico da capital aragonesa. Especialista en cirurxía laparoscópica, leva traballando no Chuvi desde o ano 2006.
A Unidade de Coloproctoloxía ocúpase, entre outras patoloxías, do tratamento cirúrxico do cancro colorrectal, que ten unha elevada prevaleza na área sanitaria de Vigo. De feito, a Unidade realizou no último ano 350 operacións desde tipo.
Dispón de once cirurxiáns nestes momentos e está acreditada como “avanzada” pola Sociedade Española de Coloproctoloxía, o que supón os máximos estándares de calidade asistencial.
“O reto que temos por diante é a excelencia na Unidade. Contamos cun equipo novo e moi ben formado, o que supón unha garantía para a poboación da nosa área de que vai recibir unha atención de primeiro nivel”, explica o doutor Enrique Moncada.
A Coloproctoloxía é o area da de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo que se dedica ao tratamento cirúrxico das enfermidades do Colon, Recto e Ano.
Supervisión de enfermaría
O DOG publica tamén este martes o nomeamento de dúas supervisoras e un supervisor de enfermería doutras tantas unidades do Chuvi.
María Martínez é a supervisora da Unidade de Esterilización, situada no Hospital do Meixoeiro. Ten nove anos de experiencia no Sergas. Durante oito anos foi enfermeira de quirófano e neste último traballou xa na Unidade de Esterilización.
Úrsula Méndez é a supervisora de Hospitalización de Uroloxía-Otorrinolanigoloxía. Traballou no Hospital do Meixoeiro nos servizos de Cirurxía Cardíaca e Cardioloxía, ata a apertura do Álvaro Cunqueiro.
Pola súa banda, Antonio Rodríguez Pena é o supervisor de Medicina Interna-Pluripatoloxías, no Hospital do Meixoeiro. Leva ligado ao servizo durante a súa carreira no Sergas, primeiro no Nicolás Peña e, posteriormente, no Hospital do Meixoeiro.