Nesta homenaxe, presidida polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, entregóuselles unha serigrafía da obra “O Mar das Cíes”, doada pola artista Ángeles Jorreto; así como o documento identificativo a Tarxeta Dourada, en mostra de agradecemento por todo o seu tempo de dedicación ao servizo público de saúde.
Obra de Ángeles Jorreto
Este ano tamén continuouse co proxecto de colaboración con artistas galegos. Os artistas realizan unha doazón dunha obra á Sanidade pública viguesa e autorizan a realización dunha tirada limitada de serigrafías, réplicas do orixinal, numeradas e asinadas polo autor, que constitúen o obsequio conmemorativo ao persoal xubilado.
A artista galega Jorreto, foi quen doou a obra “O mar das das Cíes”, realizada cunha técnica mixta.
Tarxeta dourada
A tarxeta dourada, iniciativa posta en marcha hai catro anos, é un documento identificativo que, acredita a condición laboral como traballador xubilado da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, e simboliza o respecto e recoñecemento debidos por parte da Institución.
Ademais, permite ao persoal en activo dos centros sanitarios públicos identificalo como xubilado do Servizo Galego de Saúde e polo tanto como un compañeiro máis.
Esta tarxeta é ofertada a todo o persoal que anualmente se xubila. Como peche desta despedida, a Coral “Rosalía Castro” do Colexio de Médicos de Pontevedra ofreceu un recital no que interpretaron panxoliñas e cancións populares.