O servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo foi o encargado de organizar e impartir o curso, ao que asistiron nove enfermeiras do complexo hospitalario vigués. A xefa do servizo, a doutora Raquel Sánchez, coordinou a docencia xunto ao cirurxián Vincenzo Vigorita e á supervisora de quirófano do Álvaro Cunqueiro, Verónica González.
Este servizo rexistra unha importante actividade cirúrxica. Así, o pasado ano efectuou 5.763 intervencións das que o 61 por cento foron de xeito ambulatorio, sen ingreso hospitalario.
A formación tivo unha duración de tres días e desenvolveuse nos quirófanos do hospital nos que exerceron de docentes cirurxiáns do servizo e enfermeiras que traballan habitualmente en intervencións deste tipo.
As sesións do curso enmárcanse no programa de formación que leva a cabo o Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo do Chuvi. Un plan que ten por obxectivo a posta ao día nas novas técnicas e o coñecemento das novidades que xorden neste campo cirúrxico. Normalmente o programa diríxese a formar a residentes ou, como neste caso, ao persoal de enfermaría.