• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A área sanitaria de Vigo reduce nun 10% a demora media da lista de espera cirúrxica

    O tempo de espera para acceder a unha consulta externa támen descendeu ata os 50,5 días; tres xornadas menos que no exercicio anterior
    Redacción por Redacción
    24 de Ene, 2019
    en Salud
    0
    A área sanitaria de Vigo reduce nun 10% a demora media da lista de espera cirúrxica

     

    A 31 de decembro do 2018, a demora media global para operarse no Complexo vigués era de 79,8 días, 9 días menos que o pasado ano (un 10%); mentres que a demora media para as consultas externas situábase en 50.5 días, 3,1 xornadas menos que no 2018 (un 5,7%).

    Segundo afirma o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial “conseguimos acadar o obxectivo fixado o pasado ano, e feito público, de reducir as demoras medias da lista de espera nun 10%. E temos que seguir nesa liña de progreso, xa que tal e como establece o noso Plan Estratéxico, a diminución da listas de espera é unha prioridade absoluta e un compromiso irrenunciable”-.

    Cifra histórica, 37.000 intervencións realizadas

    O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo acadou o pasado ano unha cifra histórica ao superar a barreira das 37.000 intervencións totais. En concreto, os profesionais efectuaron 579 máis que o ano anterior (un 3,5 por cento). Destas, 30.082 foron programadas (804 máis, un 2,75%) e 6927 urxentes.

    Neste incremento da actividade cirúrxica cabe subliñar tamén o crecemento constante da cirurxía ambulatoria, contabilizándose 18.497 procedementos desta modalidade, o 61,4% do total. Estes datos seguen consolidando ao Meixoeiro no maior centro de cirurxía ambulatoria de Galicia.

    Segundo as demoras medias por especialidades, cabe subliñar que sete das 14 especialidades cirúrxicas, sitúan a súa espera por debaixo dos 65 días. Entre aquelas que presentan mellores resultados cabe subliñar a Cirurxía Torácica (28,8 días); Uroloxía (30,8 días); Neurocirurxía (43 días) ou Cirurxía Vascular (50,8 días) .

    Hai que destacar tamén que a demora media actual para as intervencións cirúrxicas de Prioridade 1 no Chuvi é de 21.85 días, 2,4 xornadas menos que no exercicio anterior, un 9,8%. Polo tanto, continuase garantindo e mellorando o obxectivo marcado pola Consellería de Sanidade, establecido en 30 días.

    Vías rápidas en consultas

    No referido ás consultas, os especialistas do Hospital realizaron 756.144 consultas externas (4.329 máis que o pasado ano), das que 33.291 son e-interconsultas. Como consecuencia deste aumento da actividade hai un millar menos de pacientes a espera de ser atendidos.

    Ademais, para aqueles pacientes con sospeita de cancro téñense activados uns circuítos asistenciais específicos para axilizar a súa atención, as chamadas Vías Rápidas de Atención. O pasado ano atendéronse a 5600 pacientes a través das Vías Rápidas de Colon, Mama, Melanoma, Pulmón, Cabeza e Colo, Próstata, Vexiga e Anafilaxia Himenópteros. O tempo transcorrido desde o diagnóstico de sospeita ata a primeir actividade terapéutica é moi reducido, sendo no Chuvi de 3,7 días de demora mediaglobal.

    Capacidade resolutiva da Primaria

    No referido á Atención Primaria, o persoal sanitario dos centros de saúde da área de Vigo -Medicina de Familia, Pediatría, Enfermaría, Farmacia, Matronas, Saúde Bucodental e Traballo Social- realizou 5.708.068 consultas, 49.755 máis que hai un ano. Só os médicos de familia efectuaron case tres millóns de consultas (2.977.983). Destas, o 16,2% foron consultas telefónicas (482.525).

    De feito, o programa da consulta telefónica é un dos que se teñen revelado máis eficaces e con maior nivel de aceptación neste nivel asistencial, xa que oferta a posibilidade de ser atendido telefonicamente polo propio médico de familia, e evita polo tanto os desprazamentos ao centro de saúde.

    Cabe subliñar que os datos continúan avalando a capacidade resolutiva da Atención primaria, especialmente en consultas, onde a porcentaxe de derivación de pacientes desde os centros de saúde aos hospitais foi un 6% , practicamente igual ao pasado ano.

    Estabilidade nas Urxencias e récord de ingresos

    No referido ás Urxencias, tanto as do hospital como as dos Puntos de Atención Continuada, en xeral mantense moi similares as rexistradas no ano anterior.

    As urxencias de atención primaria atendidas nos PACs experimentaron unha lixeira diminución, un 1,3%, contabilizándose 265.833 atencións nos 10 dispositivos da área sanitaria. En concreto, o PAC de Vigo realizou 61.469 atencións urxentes, un 1% menos que no pasado exercicio.

    As urxencias hospitalarias creceron minimamente, nun 0,16%. Un total de 181.106 pacientes recibiron atención urxente no Álvaro Cunqueiro, dos que 129.626 foron adultos, 41.037 menores de 15 anos, e 10.443 obstétricas. Do total das urxencias atendidas, un 15,02% requiriron ingreso hospitalario.

    Cómpre indicar tamén que, segundo a clasificación por niveis de triaxe, o 45,33 os pacientes que acoden ás urxencias do Álvaro Cunqueiro, onde son atendidos por prioridade clínica e non por orde de chegada, presentan patoloxías que estarían en disposición de ser resoltas noutros dispositivos asistenciais, con menor espera e idéntica resolutividade.

    En canto a hospitalización, o pasado ano contabilizáronse un total de 43.810 ingresos, a cifra máis alta rexistrada no CHUVI. A estadía media dos pacientes hospitalizados foi de 7,31 días, continuando a evolución descendente dos últimos anos. Segundo explica

    Rubial “trátase dun indicador de xestión sanitaria moi relevante, e ter conseguido esta cifra tan baixa pon de manifesto a eficacia da nova reordenación asistencial da área viguesa. Diminuír os tempos de ingreso hospitalario posibilita dispor dunha maior rotación de camas e de maior fluidez e axilidade nos circuítos asistenciais”-.

    Ademais, naceron 3.393 nenos e nenas, un 13,6% menos, dato que reflicte unha caída da natalidade considerable e preocupante. Humanización, mellora tecnolóxica e novos obxectivos

    Ademais dos datos de actividade, hai que lembrar tamén unha serie de actuacións desenvolvidas ao longo do 2018 e que consolidaron á EOXI de Vigo como referente na aplicación dos procesos de humanización, e abandeirada da innovación tecnolóxica da sanidade publica española-.

    En relación coa humanización, e baixo o lema “Tratamos enfermidades, Coidamos persoas”, leváronse a cabo actuacións xerais, pero tamén específicas en determinadas áreas consideradas como especialmente sensibles: parto e primeiros días de vida, atención pediátrica, atención urxente, atención oncolóxica, atención á saúde mental, os coidados intensivos, a atención ás persoas maiores e os coidados ao final da vida.

    No referido á innovación tecnolóxica, o pasado ano consolidouse a mellora tecnolóxica do CHUVI grazas a incorporación de equipamentos de alta tecnoloxía, entre os que hai que subliñar o TC intraoperatorio, o novo acelerador lineal ou o novo laboratorio CORE. En relación coa atención primaria, nestes momentos atópanse en diferentes fases administrativas a construción dos novos centros de saúde de Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén e o de Bouzas.

    Ademais, executáronse as obras do Banco de Sangre do Cunqueiro, a Unidade de Illamento de alto nivel no Meixoeiro, de referencia para toda Galicia, e continuouse coa incorporación de novas prestacións á carteira de servizos hospitalarias como a Unidade de Demencias.

    De cara ao 2019 un dos obxectivos prioritarios e desenvolver a reforma integral do Meixoeiro, xa iniciada no pasado ano, cun investimento de catro millóns de euros nas obras de ampliación das Unidades de Mama, Medicina Nuclear e Radioterapia así como na renovación das fachadas e cubertas e na actuación na área de Rehabilitación.

    43

    RelacionadosArtículos

    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII
    Moda

    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR