• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    TRIBUNA LIBRE

    Todo é mentira, señor axente!!!

    Pedro Feijoo por Pedro Feijoo
    17 de Ene, 2015
    en Opinión
    0
    Todo é mentira, señor axente!!!

    A nova en cuestión vén sendo esta, e se pinchades no enlace que aquí vos deixo, habedes comprobar con asombro, pavor, suor fría e tremores a subir pola espiña dorsal como este ano ides ter a sorte de poder escoitar a Mario Vaquerizo lendo o pregón do entroido vigués. Aí, cun par… Dándolle voltas a que raio será o que lle estea a pasar pola cabeza (ideas de avangarda, aire, un matojo rodando…) a este alcalde que temos a sorte de ter, recordei algo que me sucedeu hai xa uns cantos anos. E non puiden evitar sorrir (pensando na miña querida granxa, alá nas radiactivas praderas de Plutón). Veredes…

    En certa ocasión tiven que traballar como técnico de son para este «artista». O problema (un deles) estaba en que a sala onde se facía a actuación non tiña licenza para concertos… Malia estaren máis que advertidos, os responsables da sala viñeran teimando en seguir facendo actuacións, polo que a policía xa os advertira de que, tan pronto como os veciños escoitasen unha soa nota, denunciaríanos, e non lles quedaría máis remedio que vir e pecharlles o local. Era o momento en que Vaquerizo comezaba a se converter en omnipresente estrela televisiva, e cando lles xurdiu a ocasión de traelo eles, evidentemente, non puideron resisitir a tentación…

    Así que aí estabamos nós: o rapaciño este no escenario facendo o paripé co seu grupo de xoguete, eu na mesa de mezclas, e un monte de decibelios desparramados por toda a sala, propagándose polo edificio, a mazá e rúas adxacentes incluídas. Evidentemente, pasou o que estaba escrito que pasaría (lamentablemente para a «epicidade» do relato, non estaba escrito en ningún libro sagrado, senón na morea de multas recibidas anteriormente; évos un pouco máis pragmático, pero vaia: algo é algo…). Así, cando apenas levabamos quince minutos de recital, eu xa tiña un señor axente ao meu carón, amosándome a súa placa e indicándome que procedese á inmediata finalización do concerto no seu apartado técnico.

    Como para pragmático eu (que ademais da placa tamén tivera tempo de reparar tanto na súa pistola como -sobre todo- nas súas esposas), o primeiro que fixen, por se acaso, foi levantar as mans ao ceo e, acto seguido, berrar:

    -Todo é mentira!
    -Desculpe, como di vostede?
    -Digo que non me deteña, que todo é mentira, señor axente! -(si, é verdade: estaba berrándolle á autoridade; pero non vaiades pensar que fose polos nervios, nin nada diso: é que o concerto seguía, e eu tiña medo de que con tanto barullo non me escoitase… Bueno, e igual un pouco de medo, así en xeral, tamén tiña…).

    Como o tipo seguía con cara de non comprender demasiado (ou máis ben nada), baixei os brazos e comecei a baixar rápidamente os faders de todas as canles da mesa de mesturas. Xa sabedes, refírome aos controis de volume polos que se supuña que deberían estar saíndo as baterías, o baixo, as guitarras, os coros… En definitiva, todo o que estaba soando. Tiñades que ver a cara do policía cando, logo de tan rápida acción, descubriu que a música seguía soando igualmente.

    -Que merda está pasando aquí! -bramou o axente.
    -Xa llo dixen: que é todo mentira! Nada máis é un playback!
    -Un playback?!
    -Exacto: un descarado, rotundo, zafio, groseiro e decibélico playback, señor axente!
    -Todo el?!
    -Todo el -confirmeille.

    Efectivamente, se o xerente do local se atrevera a facer o concerto era porque sabía que non habería tal «concerto», polo menos «legalmente» falando: curiosamente, se non tes a licencia correspondente, a lei non che permite facer actuacións en directo, pero non di nada sobre (poño por caso) catro chimpafigos facendo o mandril no escenario por riba dun disco gravado. De todos modos, e por se acaso, o manager do ínclito pedírame antes do show que tivese a mesa de mezclas chea de botóns para arriba e para abaixo, con moitas luceciñas acesas e toda a parafernalia habitual, como se a cousa for de verdade, xa que, como el mesmo me dixo no mellor e máis correcto acento de Malasaña, «Tampoco ej cosha de que vayamoj dando demashiao la nota, ¿no, tronco?»

    Descuberto o pastel, o policía non daba saído do seu asombro. Poñédevos no seu lugar: o axente vestírase para clausurar, e non lle daba entrado na cabeza a idea dun cambio de plans.

    -Así que todo isto nada máis é fachada… -comentou á fin, sen deixar de rañar o cogote.
    -Exacto -confirmeille.
    -Xa… E, mira -reaccionou á fin-, dime unha cousa…
    Achegouse a min e, para a miña sorpresa, preguntoume en ton confidente:
    -Ti cres que toda esta xente sabe que este fulano nada máis é un pintamonas?

    Xa de volta nesta realidade nosa, supoño que no fondo era inevitable (xa sabedes, algo así como en Cuando Harry encontró a Sally). Había un cento de opcións posibles, e se de artistas tiña que ir a cousa, era este un ano excelente para convidar, poño por exemplo, a Morris, tanto pola súa presenza pública coa estrea de A Esmorga como por outros motivos que agora non é preciso lembrar. Ou vaia, que se o que Caballero quería era unha estrela mediática, tamén podía falar con Fernando González, «Gonzo», o popular reporteiro de «El Intermedio», que ademais de ser da cidade tamén ten táboas, un certo criterio, e algo máis de fronte… Pero non. O alcalde tira ao monte, así que nada máis era cousa de tempo que rematase atopándose con Mario Vaquerizo. Á fin e ao cabo, quen mellor que Vaquerizo, alguén que nada máis é fachada, para un tipo tan preocupado nada máis que pola estética de rúas, avenidas e rotondas barqueiras como Abel Caballero? Ao mellor todo é un erro. Ao peor somos nós, que non estamos á altura de tamaña expresión «artística»…

    ARTIGO ORIXINAL NO BLOG DE PEDRO FEIJOO

    43

    Tags: CarnavalPedro FeijooPlaybackVaquerizoVigo

    RelacionadosArtículos

    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    Reabierto el carril de la A-55 cerrado por el derrumbe de un talud en Puxeiros
    Local

    Caballero, a las constructoras que piden peaje en las autovías: «Que estén calladas y se dediquen a construir»

    04 de Jul, 2025
    Marítima

    Vigo da luz verde a las obras de la primera estación de servicio de hidrógeno verde de Galicia

    04 de Jul, 2025
    Caballero niega un bloqueo a la Xunta en Vigo: «Pueden invertir de forma inmediata 35 millones en colegios»
    Local

    Caballero niega un bloqueo a la Xunta en Vigo: «Pueden invertir de forma inmediata 35 millones en colegios»

    04 de Jul, 2025
    Un astillero de Vigo afronta el reto de construir un velero «único en el mundo»
    Marítima

    Un astillero de Vigo afronta el reto de construir un velero «único en el mundo»

    04 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR