• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    lunes, 16 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O ‘skyline’ reaccionario en Vigo: Da cruz fascista do Castro ao Sagrado Corazón na Guía

    Xabier P. Igrexas por Xabier P. Igrexas
    11 de May, 2022
    en Opinión
    0
    O ‘skyline’ reaccionario en Vigo: Da cruz fascista do Castro ao Sagrado Corazón na Guía

    Montaxe do Cristo do Sagrado Corazón, este mércores.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A memoria é soporte da identidade. Somos porque fomos. Esta afirmación cobra especial relevancia cando o exercicio da memoria é o camiño inexorábel para atinxirmos a verdade, xustiza e reparación de todo o dano ocasionado pola cruel ditadura franquista.

    Ese exercicio de hixiene democrática é imprescindíbel para evitarmos encubrir con impunidade feitos que nunca máis deben volver repetirse. É vital para artellarmos unha convivencia democrática. Non é axuste de contas cos vitimarios, senón un acto de xustiza, inda que serodia, coas vítimas. E, ao tempo, unha afirmación práctica de compromiso en chave de futuro para evitar que a reacción volva abrirse paso.

    Neste sentido, a retirada da simboloxía fascista é un imperativo estritamente democrático. Na nosa cidade foi o BNG quen iniciou con determinación, e a pesar dos indisimulados e incomprensíbeis atrancos do propio PSOE, ese proceso na altura de 2010 retirando do frontispicio da Casa das Artes o emblema da ditadura. Continuaría coa discutida e recente cubrición do mesmo escudo da fachada do Santa Irene. Mais restan inda un número non pequeno de símbolos fascistas espallados na cidade. Da infame aguia franquista do edificio de Aduanas até os pequenos emblemas falanxistas instalados en edificios de vivendas construídas durante a ditadura.

    Poderíamos abordar sen complexos, e tamén con necesaria autocrítica, a falla dun impulso municipal máis decidido e firme para avanzarmos a maior velocidade e intensidade na retirada desta simboloxía que continúa a ofender a memoria das vítimas da ditadura e, en xeral, a todas e todos os demócratas. No entanto, ao que estamos asistindo nos últimos anos en Vigo é a unha evidente involución que acaba por cristalizar nunha caste de skyline reaccionario: o que une os vértices da cruz fascista do Castro, en pleno corazón da cidade, e a escultura xigante do Sagrado Corazón de Xesús que vai coroar a ermida da Guía, nun barrio de Teis que foi cenario cruento da brutal represión fascista.

    A cruz do Castro, instalada pola ditadura na daquela nomeada praza da División Azul e inaugurada con grandes fastos polo propio Generalísimo en 1961, mantense en pé por causa da decisión de Abel Caballero en 2015 de recorrer a sentenza que ordenaba, de maneira bastamente argumentada, a súa derruba. Un alcalde socialista que se reivindica “exiliado” (sic) do franquismo en Cambridge convertíase, desta maneira,  no derradeiro atranco para cortar o paso da reivindicación democrática que empurrou con valentía a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.

    E o mesmo rexedor é quen arestora patrocina con grande entusiasmo que se coroe a ermida da Guía cunha escultura de 6 toneladas do Sagrado Corazón de Xesús. Un símbolo relixioso que conta, desde a súa xénese histórica, cunha evidente significación reaccionaria e que foi utilizado de xeito claro polo nacional-catolicismo como emblema do seu cruzadismo belicista para lexitimar pola “graza de Deus” a ditadura nacida do golpe de 1936. Un feito acreditado de maneira incontestábel que con ousadía ten sido divulgado por historiadores como Lucio Martínez Pereda.

    El alcalde de Vigo no es consciente del enorme riesgo que corre la ciudad de convertirse en un nuevo lugar de peregrinaje para la ultraderecha y el neofascismo español. pic.twitter.com/ZgcSs3J9mY

    — Lucio Martínez Pereda (@anluma99) May 10, 2022

    Como sinalaba a este respeito nun artigo a comprometida xornalista Montse Fajardo “o proxecto franquista, ese símbolo do catolicismo máis integrista, vaise realizar en pleno século XXI grazas a un investimento de 100.000 euros de dúas institucións gobernadas polos socialistas: Deputación e Concello”. O que a ditadura non logrou, por falla de recursos nos anos 50 do pasado século, será realidade en pleno 2022.

    Se xa resulta inaceptábel, por un esencial respeito á non confesionalidade das institucións, que se destine diñeiro público a este tipo de dispendios, a súa connotación reaccionaria faino absolutamente intolerábel.

    Pasma e revolve ver as imaxes do alcalde posando sorrinte e cun triunfal V de vitoria nos dedos a carón do Sagrado Corazón de Xesús. Unha estampa que é resultado de entender a política como un permanente photocall. Dese populismo casposo que acaba mesmo vernizando a simboloxía reaccionaria. Algo ben máis grave do que patético.

    Mais, con certeza, a dignidade democrática volverá abrirse paso máis cedo que tarde nas rúas e monumentos desta cidade combativa, como demostraron as folgas de 1972 das que se cumpren precisamente 50 anos. Farémolo recuperando a memoria fronte a quen nos quere anestesiar inoculando unha inxusta amnesia forzosa. Entrementres, o mínimo, será  impedirmos que se financie con diñeiro público do Concello de Vigo a instalación de símbolos reaccionarios.

    Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG no Concello de Vigo.

    Tags: A GuíaErmita de A GuíaO CastroXabier P. Igrexas

    RelacionadosArtículos

    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos
    Local

    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos

    13 de May, 2022
    La ermita de A Guía, terminada 70 años después: ya está coronada por un Cristo de 6 metros
    Local

    La ermita de A Guía, terminada 70 años después: ya está coronada por un Cristo de 6 metros

    11 de May, 2022
    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía
    Local

    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía

    05 de May, 2022
    Vuelven a detener al maltratador con orden de alejamiento que durmió con su expareja en O Castro
    Sucesos

    Vuelven a detener al maltratador con orden de alejamiento que durmió con su expareja en O Castro

    04 de May, 2022
    Detenido por romper una orden de alejamiento al dormir con una mujer en O Castro
    Sucesos

    Detenido por romper una orden de alejamiento al dormir con una mujer en O Castro

    03 de May, 2022
    Vigo onírico
    Más Vigo

    Vigo onírico

    19 de Abr, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Así serán los seis chalets de lujo con vistas al mar proyectados en Cabo Estai

    Así serán los seis chalets de lujo con vistas al mar proyectados en Cabo Estai

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    El Hotel Attica21 Vigo define sus puestos de responsabilidad y nombra director

    El Hotel Attica21 Vigo define sus puestos de responsabilidad y nombra director

    por Redacción
    11 de May, 2022
    0

    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos

    por David Lorenzo
    13 de May, 2022
    0
    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos
    Local

    Abel Caballero ha tenido que salir al paso de las críticas que ha suscitado la instalación de un Cristo en...

    Leer mas

    Prisión provisional para el exboxeador Roberto Domínguez por su reiteración delictiva

    por Vanesa Vázquez
    13 de May, 2022
    0
    El ex alcalde pedáneo de Bembrive acepta nueve años de inhabilitación por prevaricación
    Sucesos

    La justicia ha enviado a la cárcel, provisional y sin fianza, al ex boxeador Roberto Domínguez tras su enésima detención,...

    Leer mas

    Vecinos de Vigo recogen 400 firmas contra el proyecto para el parque García Picher

    por Redacción
    13 de May, 2022
    0
    Vecinos de Vigo recogen 400 firmas contra el proyecto para el parque García Picher
    Local

    Vecinos de Vigo, residentes en el entorno de las calles Coruña y Jacinto Benavente, han recogido ya 400 firmas para...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1875

      Vigo non atopa solares para o seu proxecto municipal de teatro-casino

    • Vigo non atopa solares para o seu proxecto municipal de teatro-casino
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR