• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    TRIBUNA LIBRE

    Morreu Pablo Beiro

    Pedro Feijoo por Pedro Feijoo
    02 de Mar, 2015
    en Opinión
    0
    Morreu Pablo Beiro

    Un deses homes sobradamente capaces de coller a vida polos cornos e axeitala para que esta resultase un pouco máis amable, un algo máis confortable. Pero non para el, senón para os seus semellantes. Porque o corazón de Pablo era tan grande, tanto e tanto, que entre as súas aurículas e ventrículos había espazo abondo para un mundo enteiro.

    Foron moitísimos os méritos de Pablo que todos fomos recordando nestes días. No ano 1982 Pablo fundou o Amfiv, equipo da elite do baloncesto español en cadeira de rodas. No 2000 foi premiado como Mellor Deportista Galego, e ese mesmo ano recibiu o recoñecemento de Vigués Distinguido. Tamén mantivo Pablo unha grande actividade no eido da política, converténdose en 2009 no primeiro edil en cadeira de rodas no concello de Vigo, onde desenvolveu un importante traballo en prol da eliminación das barreiras arquitectónicas coas que a cidade trababa á xente con algún tipo de discapacidade. Si, como todo o mundo recoñece estes días, o traballo público, social, político, de Pablo era magnífico. Pero, francamente, non é ese o Pablo que a min me vén ao pensamento cando pecho os ollos e penso que xa non o verei máis…

    Eu coñecín a Pablo moitos anos atrás, antes de todos eses méritos dos que hoxe fala o xornal. E, xa daquela, Pablo era moi grande. Porque, con todo o seu bo facer, Pablo era para nós alguén moito máis próximo, moito máis cercano. Antes de ser o fundador do Amfiv, antes de ser un dos heroes parolímpicos, moito antes de ser o señor concelleiro, o señor Beiro era Pablo, «o do quiosco».

    Na primeira lembranza que eu gardo de Pablo eu son aínda un rapaz, un cativo na praia de Canido, e recordo perfectamente o día en que coñecín a Pablo. Foi unha mañá, unha que empezara coa miña nai contándome na nosa cociña que Pablo, o fillo da señora Nahír, abrira un quiosco alá abaixo, na estación. «Un kiosko, aquí?». «Sí -respondeume ela-, xusto en fronte da droguería de Javier». Comprendede a miña estrañeza, naquel Canido dos primeirísimos anos oitenta aquilo era toda unha novidade, así que alá marchei eu, correndo con todo un valiosísimo saldo de cen pesetas, disposto a gastalas todas no novo quiosco dese tal Pablo. Lémbroo perfectamente, un «Mortadelo» e unha présa de gominolas foron o comezo dunha relación que durou para sempre.

    Os anos e a vida leváronme a outros enderezos, a outros quilómetros, a outras cidades, pero Pablo sempre mantivo aberta esa comunicación. Non deixaba de preguntarme, sempre con moito interese, que tal ían as cousas cada vez que nos volviamos atopar, e sei que el, sempre atento, se encargaba de avisar á miña irmá cada vez que o xornal recollía algunha nova que tivese que ver comigo. «Andre, que hoxe vén o teu irmán no periódico!» Cónstame que había agarimo, moitísimo agarimo, naqueles avisos que Pablo lle deixaba a Andrea á beira do bar Canido.

    Hoxe o kiosko está pechado, e eu non podo evitar pensar que tiña que chover, claro que si. Seguro que el, home forte, activo, positivo, non o querería así, pero é que nós non somos tan fortes coma el. Hoxe todos estamos tristes, e chora o mar, e chora o vento, e choran as areas da praia, e as vías do tranvía, e mais a máquina de refrescos. Porque marchou un home bo, carallo. E como non iamos chorar? Choramos porque si, porque nos dá a gana, e porque marchou un home bo. Ese é o Pablo que eu hei botar de menos sempre, cada vez que volva pasar por ese quiosco que aí arriba vos deixo: un home bo. Que a terra lle sexa leve.

    ARTIGO ORIXINAL NO BLOG DE PEDRO FEIJOO

    43

    Tags: Pablo BeiroPedro Feijoo

    RelacionadosArtículos

    Pedro Feijoo regresa a casa para mostrarnos sus «bestias»
    Libros

    Pedro Feijoo regresa a casa para mostrarnos sus «bestias»

    14 de Jun, 2025
    Pedro Feijoo firma en Librouro «Ninguén contará a verdade», su novela ganadora del Premio Xerais
    Libros

    Pedro Feijoo firma en Librouro «Ninguén contará a verdade», su novela ganadora del Premio Xerais

    26 de Ene, 2024
    Pedro Feijoo: «Estamos máis faltos de verdade que nunca, volve ser necesario o traballo dos bos xornalistas»
    Libros

    Pedro Feijoo: «Estamos máis faltos de verdade que nunca, volve ser necesario o traballo dos bos xornalistas»

    14 de Dic, 2023
    Xerais celebra la 40ª edición de sus premios de novela, «espejo de una narrativa plural, rica y vital»
    Libros

    Xerais celebra la 40ª edición de sus premios de novela, «espejo de una narrativa plural, rica y vital»

    29 de Oct, 2023
    Pedro Feijoo, María Reimóndez y Leticia Barbadillo, Premios Xerais 2023
    Libros

    Pedro Feijoo, María Reimóndez y Leticia Barbadillo, Premios Xerais 2023

    17 de Jun, 2023
    Pedro Feijoo publica novo libro este Nadal: ‘Pequena historia de Vigo’
    Libros

    Pedro Feijoo publica novo libro este Nadal: ‘Pequena historia de Vigo’

    05 de Dic, 2022

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR