• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 30 de junio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • TRIBUNA LIBRE

    Da Reconquista á chegada do AVE: o atraso progresa adecuadamente

    Pedro Feijoo por Pedro Feijoo
    26 de Mar, 2015
    en Opinión
    0
    Da Reconquista á chegada do AVE: o atraso progresa adecuadamente
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A ver, que igual vós non tedes ningunha dúbida ao respecto, «Claro que si, fóra co invasor gabacho!», e todo iso. Pero eu… Se vos interesa a miña opinión, direivos que eu non acabo de velo con claridade. É que son tantas as cousas daquel tempo que aínda non sabemos con certeza! Ou, mellor dito, tantas as que, malia sabérense con claridade, acabaron pasando doutro xeito á nosa «memoria» colectiva…

    Por exemplo: moito teño oído falar do monumento a Cachamuíña na praza da Independencia, cando en realidade quen loce todo farruco e pintiparado alá arriba non é outro senón Pablo Morillo, militar zamorano coñecido por, entre outras curiosidades, non ter xogado un papel especialmente heroico en tal momento histórico, para que enganarnos… E, con todo, aí tedes, cada 28 de marzo, toda a corporación municipal en pleno rendéndolle honores a don Pablo, co noso sempre benquerido e nunca ben ponderado primeiro mandatario levándolle flores, como se dun namorado calquera se tratar. E que dirán entre tanto todas as pombas e gaivotas que frecuentan a castrense cachola do señor Morillo ao ver tanta honra, pompa e boato? Pois home, digo eu que se esmendrellarán de risa ao recordar a nosa mala memoria: apenas catorce anos despois da famosa Reconquista, volveu entrar Pablo Morillo en Vigo. Foi un 4 de agosto de 1823, pero xa non con tantas ansias de liberar a praza, senón máis ben para todo o contrario… Viña o amigo Morillo a acabar esta vez co apoio da cidade ao goberno legal do chamado Trienio Liberal (aquel que recuperaba a vixencia da Constitución de Cádiz), portando o zamorano a bandeira do absolutismo, e en curiosa compaña… Porque moito lirili con botar fóra os franceses en 1809 e todo iso, pero os amigos cos que veu don Pablo no ano 23 eran cen mil… En concreto, os Cen Mil Fillos de San Luis. E que facemos nós? Pois que imos facer: poñerlle un monumento!

    Queredes outro exemplo? Pois nada, aí volo deixo: de sempre se nos representou ao malvado Chalot, o comandante en xefe das tropas francesas que botamos a patadas no cu pola porta da Laxe abaixo, como un tiparraco vello, ruín, incompetente… (Xa sabedes, ese tipo de fulano ao que nada máis lle faltaría, que sei eu… ¿querer poñer un barco no medio da praza da Constitución?). Si, esa é a versión transmitida. O malo é ter acceso ás bibliotecas e ao coñecemento… (xa o ministro Wert o di, «cada vez que escoito a palabra Cultura, penso que non recortei o suficiente!»). Así, hoxe, e grazas a traballos como os de Ricardo Troncoso, membro do Instituto de Estudos Vigueses, sabemos que «diso nada, monada!» Mal que nos pese, Jacques Antoine Chalot si foi un home importante e recoñecido no exército francés, varias veces condecorado polo seu valor ao longo dos seus trinta e dous anos de servizo. Non son poucos os momentos de indubidable valor histórico nos que Chalot participou, campos de batalla como o de Austerlitz, Jena, Eylau… Pero a min (que xa sabedes que son especialmente picajoso) gustaríame chamar a vosa atención sobre un en particular: hoxe sabemos que Chalot, o noso non-tan-estúpido-comandante, estivo presente na mesmísima toma da Bastilla. Aí o tedes, un dos fulanos que empezaron a mandanga aquela da Liberté, Égalité, Fraternité. Vamos, case nada… E o tipo estaba en Vigo no ano 1809. Como diría Suso de Toro, e que quererá o fulano ese? Será parvo ou comerá merda? Ou o que é o mesmo: que pintaba toda esa xente aquí? E virían de París a Vigo para ver Cangas? Non, dáme a min que os tiros de mosquetón non ían por aí… Imaxinade por un intre o interesantes que serían as ideas que estes homes traían nos petos das súas casacas, e nós dicíndolles olvida mi nombre, mi cara, mi casa, y pega la vuelta, como se fósemos uns Pimpinelas calquera…

    Xa imaxino o que ides dicirme, «Home, rapaz, é que a tiros tampouco son formas…» E por suposto que non, tedes razón. Por moi loables que sexan as ideas de progreso que un traia, hai maneiras e maneiras de inculcalas. E é moi certo que a baionetazos non é o mellor xeito de facer entrar a letra, precisamente. Pero, deixando esa cuestión de lado, non me negaredes que, historicamente falando, parece que teñamos man para escoller, unha e outra vez, o bando equivocado. Supoño que é esta unha das razóns polas que Spain is different… Apostamos por Isabel la Católica e as súas amizades perigosas: xente como Torquemada no papel de mestre churrasqueiro, un fulano que tiña moi claro que unha boa barbacoa no nome de Deus era moito mellor que calquera idea de progreso. Tivemos un imperio no que nunca se puña o sol e, contra todo prognóstico, atopamos o xeito de fundir o sol. Cando o progreso revolucionario que co tempo deviría na Europa moderna chamou ás nosas portas, nós preferimos dicirlle aquilo de ¡Vuelva usted mañana!, que aquí xa estabamos tan a gustito cun monarca absolutista que sabía coma ninguén poñernos en valor a idea da Liberdade… De no ter Liberdade! É verdade que parimos a Constitución de 1812, pero pronto comprendemos que semellante avance non era cousa boa, e non tardamos en deixala para os libros de historia. Apostamos por Franco, por Fraga, por Rajoy, por Bisbal e por Paquito el Chocolatero. Non me negaredes que, ante calquera opción de progreso, nós temos unha habelencia caralluda para escoller a opción incorrecta! E logo, xa o dicía aquel: ¡España y yo somos así, señora!

    Si, como vos dicía ao principio, ando un pouco despistado con este tema. Pero non pasa nada: aínda que lento, tamén son seguro (creo). Tardei en aprender a lección, pero agora xa o teño claro. Por iso, este domingo o meu amigo o alcalde e mais eu iremos á flamante nova estación de Urzaiz. Disque chega o primeiro tren de alta velocidade a Vigo, aínda que nada máis sexa en probas. Quedade tranquilos, que agora xa temos o choio aprendido: tan pronto como o AVE asome o morro medio metro por fóra do túnel que leva ás plataformas, aí estaremos os dous, o meu amigo o alcalde e mais eu, para recibilo como merece: a pedradas. De feito, dime o rexedor por liña interna que, se é para iso, igual entón si que ordena tirar abaixo a cruz do Castro: que non se diga que nesta cidade non hai cascotes para todos… É un clamor popular! Tanto progreso, tanto progreso… ¡En Vitrasa todos, Padornelo arriba!

    Si, aí estaremos. E despois, unha vez chimpado o tren no fondo da ría, baixaremos comer un bocadillo de chourizo frito á praza da Constitución. (Bueno, mirade, recoñezo que niso si saímos gañando: no medio de tanta xente, ter que paparse un canard à l’orange ía ser complicado que nin diola…). Feliz Reconquista a todos!

    Tags: 2015Pedro FeijóoVigo

    RelacionadosArtículos

    La Iacobus Maris, lista para partir hacia Vigo en la ruta marítima xacobea más larga
    Local

    La Iacobus Maris, lista para partir hacia Vigo en la ruta marítima xacobea más larga

    25 de Jun, 2022
    Tres mujeres liberadas y 14 detenidos en el área de Vigo por una red de explotación sexual
    Ponteareas

    Tres mujeres liberadas y 14 detenidos en el área de Vigo por una red de explotación sexual

    07 de Jun, 2022
    Dos detenidos por comprar medicamentos en farmacias de Vigo y Nigrán para fabricar drogas
    Baiona

    Dos detenidos por comprar medicamentos en farmacias de Vigo y Nigrán para fabricar drogas

    03 de Jun, 2022
    Juan Carlos I parte de Vigo hacia Madrid para reencontrarse con Felipe VI
    Local

    Juan Carlos I parte de Vigo hacia Madrid para reencontrarse con Felipe VI

    23 de May, 2022
    Juan Carlos I regresa a España: el rey emérito aterriza en Vigo 655 días después de su marcha
    Local

    Juan Carlos I regresa a España: el rey emérito aterriza en Vigo 655 días después de su marcha

    19 de May, 2022
    Juan Carlos I aterriza este jueves en Vigo para regresar a España tras casi dos años de ‘exilio’
    Local

    Juan Carlos I aterriza este jueves en Vigo para regresar a España tras casi dos años de ‘exilio’

    19 de May, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    por Redacción
    22 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    -

    Nigrán celebra su festivo local con un premio del Euromillones

    por Redacción
    29 de Jun, 2022
    0
    Nigrán celebra su festivo local con un premio del Euromillones
    Nigrán

    El verano ha comenzado con buen pie para un vecino o una vecina de Nigrán, que ha ganado un premio...

    Leer mas

    Valença reabre el Family Party, 7.000m2 de parque de ocio con hinchables, piscinas y trampolines

    por Redacción
    29 de Jun, 2022
    0
    Valença reabre el Family Party, 7.000m2 de parque de ocio con hinchables, piscinas y trampolines
    Actualidad

    Valença Family Party ha vuelto a abrir sus puertas en la cercana localidad portuguesa, al otro lado de la frontera....

    Leer mas

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0
    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano
    Gastronomía

    La Guía Repsol ha dado a conocer la lista de 250 chiringuitos, terrazas y heladerías de España “para que aciertes...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR