O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión co presidente de comité organizador, José Manuel Fernández Alvariño, e co director do Salón, José Enrique Elvira, para abordar a vixésimo sexta edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará na primavera.
Caballero indicou que as 25 edicións do Salón do Automóbil en Vigo foron «excepcionais» e avanzou que «volveremos ter un gran Salón do Automóbil» este ano «e ahí estará o Concello, con toda a cooperación que sexa precisa», concluíu.