Flexións, test de ‘course navette’ e unha carreira arredor do circuíto da Pastoriza (Lugo) foron testemuños da superioridade do ponteareán que arrebatou o primeiro posto a Manuel O’Largo na última proba da crono de dúas voltas que pechaba a primeira edición do CES Rally Academy.
O Campionato Español de Simulación (CES) é unha asociación que conta cunha traxectoria de máis de tres anos de experiencia e que se dedica á xestión e organización de competición e evento de Simracing tanto virtuais como presenciais. O seu obxectivo final é levar aos mellores pilotos virtuais a competicións reais. Conta con máis de 600 xogadores rexistrados e máis de 200 activos cada semana nas súas diferentes competicións virtuais e con máis de 2.500 seguidores e usuarios nas redes sociais.
Victor Prim correrá esta fin de semana o Rally Botafumeiro co equipo TRS. O ponteareán chega ata aquí logo de ter resultado campión na clasificación online para todas as plataformas: Xbox, PS4 e Steam (PC).