As novas instalacións, que xa funcionan de forma provisional, tiveron un custe total de 154 millóns de euros, dos que 84,7 millóns proceden da Unión Europa a través do Goberno central, outros 69,4 corresponden á Xunta de Galicia co canon de saneamento en Vigo e 12,8 millóns son aporte do Concello ao ceder os terreos para a instalación.
«Estamos ante unha obra excepcional, a mellor depuradora coa mellor tecnoloxía no mellor lugar que hai para a mellor cidade do mundo», aseverou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. A EDAR permitirá protexer un paraxe único como a Xunqueira do Lagares e toda a ría de Vigo durante os vindeiros 50 anos.
O rexedor explicou que ata o momento a administración autonómica tan só aportou 39,4 millóns e que a cidade de Vigo, a través do canon de saneamento, xa pagou 55 millóns desde que empezou a obra. «A obra finánciase desde a cidade de Vigo e desde Europa», sinalou antes de insistir en que como alcalde está «encantado» de recibir esta obra «excepcional».
Artículo relacionado: Feijóo afirma que a nova depuradora «é un paso de xigante para cambiar realmente Vigo»