Aproveitando a marea baixa, os participantes extraeron fundamentalmente material de construción, botellas de vidro, plásticos, neumáticos ou redes. Este é o terceiro ano consecutivo no que o Concello se suma a esta iniciativa promovida polo goberno local, retirándose do esteiro de A Foz dende o ano 2015 un total de 2,5 toneladas de lixo. «Esta xornada busca a concienciación social e a sensibilización medioambiental, queremos incidir en que o esteiro é patrimonio de tódolos miñoranos e entre todos debemos coidalo», resume o edil de Medio Ambiente, Diego García.
Esta ‘X Limpeza Simultánea’ tivo lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre se realiza grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa que busca a concienciación social.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.