«Levamos moitos anos facendo isto e afortunadamente estaban limpos cando rexistrouse o incendio pavoroso de outubro, se non sería moito peor, porque os montes privados non estaban en condicións», sinalou o alcalde.
Coa contratación de 28 persoas (un capataz, un auxiliar administrativa e 26 peóns) procederase a limpeza de 600 hectáreas de montes comunais. A actuación conta cunha partida de 140.000 euros e está encamiñada a retirar, en primeiro lugar, a madeira queimada, que non é de uso comercial e non se pode aproveitar.
A partir do mes de novembro empezarán os traballos de reforestación. «Facemos o noso traballo, sempre o facemos, pero é unha mágoa que a Xunta non contrate outros 25 ou 30 traballadores, porque teríamos o dobre de capacidade de actuación», sinalou Caballero.