O plan municipal de emerxencia en caso de seca fixa a entrada en fase de alerta cando restan cen días de auga embalsada. En todo caso, o rexedor avanzou que tomaría decisións antes. Serían unhas primeiras medidas de «control» ante a posibilidade dun outono seco.
Pola súa banda, Zamáns está ao 77,5%. Na práctica son os mesmos datos de 2018 a estas alturas, un ano bo en termos de pluviosidade. Caballero recomendou igualmente «consumo responsable todo o ano» xa que Eiras só acumula auga para seis meses, cando o habitual é dous anos, explicou, en encoros que abastecen a poboación equivalente á de Vigo e a súa área.