• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    As demandadas rutas para ‘voar nas Rías Baixas’ volven con cinco saídas ornitolóxicas

    O programa, que comeza o 26 de xaneiro e se estenderá ata o 21 de xuño, permitirá coñecer a riqueza da enseada de San Simón ou do esteiro do Río Miño
    Redacción por Redacción
    10 de Ene, 2020
    en Medio Ambiente
    0
    As demandadas rutas para ‘voar nas Rías Baixas’ volven con cinco saídas ornitolóxicas

    Unha das rutas ao Esteiro do Miño. / Foto: Deputación de Pontevedra

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, e do coordinador de SEO Birdlife na provincia de Pontevedra, Gustavo Ferreiro, presentou a terceira edición de ‘Voando nas Rías Baixas’, o programa que a través de cinco rutas guiadas permitirá ao público coñecer de xeito gratuíto a riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra.

    Silva salientou que estas actividades “son un elemento de atracción dese turismo de natureza, sostible e respectuoso co medio ambiente que queremos promover“. Neste eido, ‘Voando nas Rías Baixas’ trátase dunha iniciativa impulsada xunto a SEO Birdlife e enmarcada no seo das propostas lanzadas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo para internacionalizar e desestacionalizar o destino provincia de Pontevedra.

    Con estas visitas, “daremos a coñecer o gran potencial da nosa provincia para a observación de aves en paraxes espectaculares e, ao mesmo tempo, sensibilizaremos á veciñanza sobre a necesidade de protección destes espazos”, subliñou Silva quen aproveitou a ocasión para animar á xente a formalizar a inscrición nas rutas no momento de apertura do prazo “xa que se esgotan en menos de 24 horas”. “O respecto ás aves e ás contornas onde se desenvolven é unha aposta moi firme deste goberno, e moito máis nesta provincia, onde temos uns espazos marabillosos”, destacou a presidenta.

    Pola súa banda, Gustavo Ferreiro amosou o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra xa que “en Galicia non estábamos traballando con ningunha administración ata que comezamos a facelo coa Deputación de Pontevedra”. Ferreiro salientou a aposta do goberno de Carmela Silva polo medio ambiente e a programación desta iniciativa “que permite que a xente se sensibilice coa natureza, así como coñecer a través das aves territorios que temos cerca cun altísimo valor ecolóxico, ao tempo que se conciencian coa súa conservación”. Así, tal e como explicou a presidenta provincial, levaranse a cabo cinco excursións cun máximo de 25 participantes, “non deben ser grupos moi numerosos debido a que é unha actividade sensible de avistamento de fauna na natureza e nós respectamos os hábitats e as aves“, asegurou Silva.

    As saídas
    A primeira das rutas terá lugar o 26 de xaneiro para observar aves acuáticas e mariñas da enseada de San Simón, zona protexida pola Rede Natura 2000. O prazo de inscrición para esta ruta ábrese este luns, 13 de xaneiro, e rematará o día 22.

    O próximo mes de febreiro, o día 16, terá lugar a ruta polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, espazo protexido pola Rede Natura declarado humedal de importancia internacional, Zona de Especial Interese Comunitario e a reserva ornitolóxica máis grande de España. O prazo de inscrición para participar nesta ruta na que destacan as aves acuáticas invernantes estará aberto do 3 ao 12 de febreiro.

    A terceira das rutas será o 8 de marzo polo Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, zonas protexidas pola Rede Natura 2000 e cunha grande variedade de aves palustres. O prazo de inscrición para esta ruta estará aberto entre o 24 de febreiro e o 4 de marzo.

    A cuarta excursión desenvolverase o 31 de maio nas Brañas de Xestoso, tamén zona protexida pola Rede Natura na que se concentran aves rapaces como a tartaraña cincenta, a gatafornela ou a aguia cobreira. O prazo de inscrición será entre o 18 e o 27 de maio.

    E, por último, a quinta ruta terá lugar na Serra do Suído o 21 de xuño para observar as grandes rapaces como o voitre leonado, aguia calzada, abelleiro europeo, aguia cobreira ou miñato. Para participar nesta ruta ornitolóxica haberá que inscribirse entre o 8 e o 17 de xuño.

    En todos os itinerarios disporase de material para a observación das aves e de guías de SEO-Birdlife que achegarán aos participantes toda a información sobre onde localizar as aves e as súas características. As e os interesadas/os en participar en cada unha das cinco propostas de ‘Voando nas Rías Baixas’ deberán cubrir, no prazo indicado en cada unha das rutas, un formulario habilitado na páxina web da Deputación.

    Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico
    A Deputación de Pontevedra terá presenza cun posto na Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico, que se celebrará no Parque Nacional de Monfragüe do 28 de febreiro ao 1 de marzo.

    Trátase dun espazo destinado a viaxes e turismo no que se fará promoción dos lugares de observación de aves da provincia e no que se impulsará un turismo sostible, desestacionalizado e baseado na conservación do patrimonio natural. No stand tamén se repartirán guías das aves da provincia.

    43

    RelacionadosArtículos

    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII
    Moda

    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR