O sistema habilitado é moi similar ao implantado xa en Semana Santa, baseado nunha autorización personalizada; pero en adiante o novo sistema está tecnoloxicamente integrado cos sistemas informáticos das navieiras permitindo en tres sinxelos pasos, adquirir o billete e emitir a autorización.
Así, as persoas que pretendan realizar unha visita ás Cíes a partir do 1 de xullo deberán completar a través da web https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal a información solicitada en catro pasos, para obter unha prereserva gratuíta, coa que posteriormente adquirir o billete de transporte nunha das navieiras autorizadas.
Esta autorización gratuíta terá unha validez de dúas horas condicionada á adquisición do billete ás navieiras. Unha vez adquirido o billete, o sistema web emitirá a autorización definitiva; pola contra, no caso de que o billete non fose adquirido no devandito prazo, a prereserva perderá a súa validez. As operacións que se realizarán para a adquisición da autorización e un proceso telemático, polo que é rápido, eficaz e seguro para os usuarios.
A implantación deste sistema tamén garante un maior control de acceso ás Illas, xa que impediría a sobrevenda de billetes por parte das navieiras ao terse que ligar o billete de xeito automático a unha autorización, individual, nominal e intransferible para cada visitante.
Con todo, Medio Ambiente manterá cos controis das autorizacións dos visitantes para evitar problemas como os acontecidos o pasado verán; polo que se manterán os controis mediante a lectura do código de autorización, tanto nos portos de saída como no desembarco nas illas, para que permitan ás 2.000 persoas que acceden por liña regular, aos 800 campistas e ás 200 persoas de viaxes educativos gozar deste entorno.