• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Carmela González: «A partir do 18F podemos abrir un tempo novo de prosperidade con xustiza social»

    "O BNG temos as propostas, a capacidade e sobre todo a firme vontade de despregar medidas concretas que garantan condicións de vida digna a todas as galegas e galegos"
    Redacción por Redacción
    04 de Feb, 2024
    en Elecciones Autonómicas 18F
    0
    Carmela González: «A partir do 18F podemos abrir un tempo novo de prosperidade con xustiza social»

    O Bloque Nacionalista Galego comprometeuse este domingo a facer do combate da carestía da vida un eixo prioritario dun Goberno galego liderado por Ana Pontón a partir das eleccións do 18 de febreiro. Así o asegurou a candidata viguesa do BNG Carmela González quen defendeu a necesidade dunha enérxica resposta pública diante dos «brutais» efectos da crise da inflación fronte a un PP que só estendeu coas súas políticas a precariedade e o empobrecemento.

    «O BNG temos as propostas, a capacidade e sobre todo a firme vontade de despregar medidas concretas que garantan condicións de vida digna a todas as galegas e galegos», destacou González, lembrando que hoxe o 56% dos fogares de Galiza non chegan a fin de mes nun contexto onde os prezos non deixan de subir mentres os salarios caen.

    Fronte a esta situación, a candidata nacionalista garantiu que un Goberno do Bloque promoverá unha política de promoción do emprego para asegurar o dereito «irrenunciábel» a poder vivir dun traballo «digno e estábel na nosa terra». Nesa liña, comprometeu a recuperación do peso produtivo e industrial de Galiza, desenvolvendo as «enormes» potencialidades no ámbito da innovación.

    Alternativas en vivenda e enerxía

    Outro dos eixos da alternativa do BNG pasa pola intervención en dous dos principais gastos que enfrontan os fogares galegos como son a vivenda e a enerxía. A respecto da vivenda, defendeu, mobilizando 12 mil vivendas baleiras para poñer a disposición en réxime de alugueiro social a prezos asequíbeis. E no caso do consumo eléctrico, impulsando unha compañía pública de enerxía que abarate o recibo da luz.

    Renda Galega de Inclusión

    Dende a fronte nacionalista comprometeron tamén medidas para poñer fin ás «axudas da miseria» como a Risga ou o Ingreso Mínimo Vital que «non garanten a subsistencia». Así, o Bloque propón crear unha verdadeira Renda Galega de Inclusión Social e Laboral que garanta uns ingresos «dignos» e sexa un complemento para aquelas persoas con baixos salarios. «A partir do 18F podemos abrir un tempo novo, de prosperidade con xustiza social, no que ninguén quede atrás e no que as persoas estean no centro das políticas da Xunta de Galiza», apostou González.

    Emerxencia social en Vigo

    De por parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defendeu que para enfrontar a situación de emerxencia social que atravesa a cidade «é imprescindíbel e urxente o cambio galego que só pode liderar Ana  Pontón». «A Xunta pode e debe facer moito máis para axudar a quen máis o necesita que tardar 8 meses en tramitar unha Risga de miseria», enfatizou.

    «As 60 mil viguesas e vigueses que fican en risco de exclusión social e pobreza, os centos de familias que acoden ás filas da fame ou teñen que ir a comedores sociais para asegurar algo tan básico como a súa alimentación, non poden soportar máis indiferenza e inacción da Xunta como padeceron nos últimos 15 anos de Partido Popular», advertiu o nacionalista.Igrexas apelou expresamente a esa maioría de fogares na cidade nos que «hai máis mes que salario» para trasladarlle o compromiso de que unha Xunta presidida por Ana Pontón «non vai deixar a ninguén tirado na cuneta facendo das necesidades da xente a verdadeira prioridade combatendo o empobrecemento da maioría social».

    43

    Tags: BNGCarmela GonzálezElecciones Autonómicas 18F

    RelacionadosArtículos

    Instalan mesas informativas en Vigo para recoger firmas por un Castrelos sin tabaco
    Local

    El BNG exige a Caballero un servicio de ayuda en el hogar «adecuado y digno»

    02 de Jul, 2025
    El incendio en la piscina de Teis, que ya reasigna a sus usuarios, presenta dos focos
    Local

    «En 2013 había 78 trabajadores en las instalaciones deportivas de Vigo y ahora hay 36»

    30 de Jun, 2025
    Un vigués acepta pagar 765 euros de multa por acosar durante meses a una excompañera de academia
    Local

    Caballero garantiza que Vigo no se quedará sin un juzgado de instrucción: «El problema está resuelto»

    25 de Jun, 2025
    El «gran hermano» (de la seguridad aeroportuaria) vuela en Vigo
    Local

    «No vamos a permitir que Peinador se convierta en un laboratorio de pruebas»

    23 de Jun, 2025
    Pontón: «Queremos seguir llenando Galicia de Moañas»
    Moaña

    Pontón: «Queremos seguir llenando Galicia de Moañas»

    21 de Jun, 2025
    Los nuevos paros parciales de Vitrasa abarcan cuatro franjas horarias de lunes a viernes y dos en fin de semana
    Local

    «Vigo merece un transporte público eficiente y no un modelo privatizado que solo beneficia a Vitrasa»

    20 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR