As persoas interesadas en recibir clases de balde en Máis que Auga Barreiro poderán facelo entre os días 21 e 26 de setembro, mentres que os que prefiran Navia o realizarán entre o 23 e o 29 de setembro.
As clases gratuítas están dirixidas a todo tipo de público, tanto nenos como adultos, dende as persoas que nunca practicaron o pádel a aquelas que xa teñen un certo coñecemento do mesmo, que poden ter interese en acudir á Academia de Pádel de Máis que Auga.
A Academia fai unha forte aposta pola introducción do deporte do páden entre os nenos, incluíndo na tarifa do curso un torneo mensual de balde e creando equipos de competición para os máis pequenos. As clases teñen unha duración dunha hora, impartidas polos monitores da academia (todos eles titulados) e serán en horarios de mañá e tarde (durante os días laborais e o sábado). Durante a fin de semana haberá clases de adultos e nenos á vez, para que poidan acudir pais e fillos a clase xuntos. A inscrición debe realizarse de forma individual na páxina web de Máis que Auga, indicando idade, días e horarios preferentes, para poder organizar as clases.