Ferrón foi convocado pola FEDC para os 50 e 100 metros libres e os 50 e 100 metros bolboreta. O nadador do Club Natación Mos viaxou xa este luns ata Berlín para someterse a unha revisión que determine o seu encadre a nivel internacional.
O seu club e o Concello de Mos desexáronlle que viva ao máximo esta gran experiencia e que teña moita sorte nesta competición, na que lle auguran un gran papel.