O torneo recibirá a un gran número das mellores raquetas de Galicia. Por terceiro ano consecutivo, o trofeo pon en xogo dous ensaladeiras doadas polo Concello e a organización esixe xogar de branco “porque queremos recuperar algunhas tradicións”, segundo explicou Pablo González, director do campionato, que de novo ten carácter solidario -cada xogador entrega un quilo de comida-.
Entre os tenistas que competirán polo título estarán Roberto Rodríguez, Lolo Santomé, Uxía Martínez, Carla del Barrio ou Tomás Currás. Rodríguez e Martínez defenderán o campionato de 2017. Santomé e Del Barrio foron finalistas. Mentres, Currás vén de gañar o Ourense Oupen tras vencer a Rodríguez na final.