Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais do noso colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles. O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende o 8 de marzo (Día da Muller Traballadora) e finalizará o próximo 31 de marzo e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo mudega-presidenta@hotmail.com, serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.
Os premios que imos entregar son os seguintes:
- Mellor directivo/a (máis comprometido/a co deporte feminino)
- Mellor deportista feminina
- Mellor deportista feminina con discapacidade
- Mellor deportista feminina promesa
- Mellor equipo feminino
- Medio de comunicación amigo do deporte feminino
- Premio á traxectoria
- Mellor árbitro ou xuíza
- Institución pública amiga do deporte feminino
- Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino
- Mellor adestrador/a feminino
- Mellor iniciativa a prol do deporte feminino