Este é o terceiro acordo que Caballero rubrica co deporte paralímpico local, tralos asinados días atrás con Susana Rodríguez Gacio (tríatlon) e Sebastián Rodríguez, «Chano» (natación). A axuda chega no ano chave da preparación de todos eles. O rexedor, que asinou o convenio co deportista no Salón Nobre do Náutico, club ao que pertence De la Puente, encomiou ao deportista de 16 anos de idade, de quen dixo que é «unha forza da natureza, cunha capacidade excepcional para facer deporte, amosar carácter, de superarse e de estar entre os mellores do mundo».
Caballero deu gran importancia a que Martín, número 43 do mundo en categoría sénior e número 2 a nivel júnior, situouse «na elite dunha especialidade de extraordinaria dificultade como o tenis adaptado. O vexo tan capaz que sei que lle vai a ir moi ben porque é imposible parar a unha forza da natureza».
O xefe do goberno local realizou estas declaracións no acto de presentación do proxecto paralímpico do xogador, no que estivo acompañado polo xerente de Noribérica -principal patrocinador- Manuel Castro, polo campión do Mundo de Paracanoe 2013, Javier Reja, e pola presidenta do Real Club Naútico de Vigo, Viviana García.
Así, Caballero dixo sentirse orgulloso de que Martín leve o nome do Náutico e o de Vigo por todo o mundo e pediulle que gañe «o ouro porque non hai límite, e sei que el vai a por todas».
O rexedor tivo tamén cara ao Náutico palabras de ánimo polo «seu esforzo permanente por facilitar a práctica deportiva» e recoñeceu a aposta de Noribérica, «o mecenzago require un recoñecemento».