Alí, a responsable do deporte a nivel autonómico enxalzou o papel das federacións como “o corazón do deporte galego” e sinalou que “a progresión que tivo o noso deporte nestes últimos anos non sería posible sen o esforzo destas entidades deportivas galegas”. Nesta liña, a secretaria xeral apostou por “unha liña de traballo conxunto e coordinación con todos os actores do tecido deportivo galego: federacións, clubs, directivos, técnicos, xuíces, árbitros e, por suposto, os deportistas”.
A Xunta de Galicia colabora mediante convenios anuais coas 59 federacións deportivas galegas que son un importante axente dinamizador para levar a cabo a organización e desenvolvemento de programas e actividades que impulsen a súa modalidade deportiva no ámbito de Galicia. O incremento da práctica deportiva federada, en todas as idades e sexos, a adquisición de valores e hábitos de vida saudables a través da competición deportiva regrada, e a mellora da xestión federativa son eixos de traballo fundamentais para a Secretaría Xeral para o Deporte.
Ademais durante a xornada do martes, a secretaria xeral para o Deporte desprazouse ata a Delegación da Xunta na cidade olívica onde mantivo un encontro de traballo co delegado territorial, Ignacio López Chaves, sobre a situación do deporte na área de Vigo.