Na categoría feminina, a neozelandesa do Cidade de Lugo Anneke Forrest foi liderando a proba dende o inicio. Foi a mellor na auga e tamén no ciclismo, pero abandonou na carreira a pe. Por detrás viña unha moi sólida María Ortega (Tri-Penta) remontando posicións. Así, María logrou chegar á meta na primeira posición cun tempo de 4:36:48. A segunda posición foi para Camila Alonso, do Tríatlon Ferrol (4:39:58), mentres que Sonia Pariente (GV Sport) acadou o bronce (4:43:31).
Na proba masculina, o triunfo foi para Luismi Velásquez (TRi-Penta Terras de Lugo), que liderou a proba dende a natación. Na carreira a pe puido baixar un pouco o ritmo dada a vantaxe que tiña sobre os perseguidores. Chegou a meta na primeira posición cun tempo de 4:00:49. A segunda posición foi para o asturiano Daniel Bayón (Academia Civil) cun tempo de 4:05:08 e o bronce para José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) que detivo o crono en 4:06:58.
Os participantes tiveron que nadar 1,9 quilómetros na praia do Vao, facer 90 quilómetros de ciclismo e rematar con 21,1 quilómetros de carreira a pe. O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya, que o pasado fin de semana logrou en en Chicago o seu quinto título mundial, exerceu de padrino da proba e tomou parte da entrega de trofeos aos ganadores.