As irmáns Carla e Sabela Barciela Rodríguez volveron impoñer a súa superioridade na final feminina categoría 1 do VI Trofeo Concello de Vigo de pádel, ao vencer a Marta González Niño e Patricia Vilas Ibáñez por 0-6 e 1-6 no partido disputado o sábado.
Na final masculina categoría 1 Héctor Guisande conseguiu o seu cuarto título neste torneo, onde xa vencera no 2017, 2016 e 2015. Nesta ocasión, Guisande e Yago González Niño impuxéronse a Jorge López Campos e Ángel Castañeda por 3-6 e 1-6 .
Na posterior entrega de premios, que tivo lugar as 13.00 horas, concentráronse os vencedores das 12 categorías deste trofeo: catro femininas, catro masculinas e catro mixtas. No acto de entrega partciparon representantes da Federación Galega de Pádel, xunto aos responsables de Máis que Auga, o patrocinador principal, Celtamotor BMW, e o resto de colaboradores do torneo.
O pádel é unha actvidade deportiva que Máis que Auga mantén en marcha nos centros de Barreiro e Navia a través da súa Academia de Pádel, que conta cunha media de 750 a 800 usuarios de todas as idades e todos os niveis.