As iniciativas deste tipo multiplícanse no Nadal e a entidade viguesa tamén quere axudar ós máis necesitados. Deste xeito, o vindeiro mércores realízase a recollida de alimentos imperecedoiros e xoguetes no local de antigos xogadores. Ata alí poderán acudir todos os afeccionados que o desexen para contribuír con esta iniciativa. O horario de apertura é dende as 18:30 ata as 20:30 horas.