• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 5 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Balonmán Base

    Cinco seleccións galegas buscarán este xoves o pase para as semifinais do Campionato de España

    O combinado xuvenil feminino, que empatou este mércores contra Navarra, non acadou o ascenso pola diferenza de goles
    Redacción por Redacción
    04 de Ene, 2017
    en Balonmano
    0
    Cinco seleccións galegas buscarán este xoves o pase para as semifinais do Campionato de España

    INFANTIL FEMININO: Andalucía, 23 – Galicia, 23
    Partido sufrido desde o principio, xa que a Andalucía só lle valía a vitoria para pasar a cuartos e non depender dos rivais. As galegas enfrontaban o choque coa clasificación e a primeira posición do grupo no peto, pero querían avanzar aos cuartos co pleno de vitorias. Pero esta vez non puido ser. As andaluzas comezaron moi fortes e lograron poñerse por diante no marcador nos primeiros minutos 6-2, min. 10; 9-6, min. 20) e so no tramo final desta primeira metade as galegas lograron ir recortando distancias ata chegar ao descanso só un gol por debaixo (10-9). Na segunda parte, o choque estivo moito máis igualado, con alternancia no marcador e empates continuos, ata chegar ao empate final.

    Galicia acadou o pase aos cuartos como primeira de grupo con dúas vitorias e un empate e xogará os cuartos contra Canarias (09:30 horas), que ascende da Copa de España.

    Galicia: Laura Pouso, María Currás, Cintia Iglesias, Carolina Míguez, Area Martínez, Sara Román (3), Verónica de Cristófaro (1), Antía Estévez, Sabela Miniño (7), Jimena García (1), Carla Baltasar, Marta Dasilva (3), Lara García (1), Laura Magdaleno (3), Ithaisa Trigo (4), Carmen Fernández.3IF

    INFANTIL MASCULINO: Castela e León, 21 – Galicia, 29
    Galicia pechou da mellor forma posible o grupo, cunha contundente vitoria ante Castela e León, que ata ese momento era a líder con dúas vitorias. Os galegos deron a cara durante todo o partido, aínda que na primeira parte o encontro estivo moito máis igualado. Desta forma, chegouse ao descanso con empate (11-11). Na segunda metade, as acertadísimas actuacións de Roi Galego, José Cerqueiro e Carlos Álvarez lideraron unha vitoria que permite aos infantís galegos progresar como primeiros de grupo e afrontar os cuartos con máis seguridade e confianza.

    Este xoves, o partido de cuartos será contra Valencia (16:00 horas), un duro rival a pesar de que ascende da Copa de España.

    Galicia: Lois García, Juan Pereira (1), Carlos Álvarez (9), Alejandro Martínez, Iago Costas, José Cerqueiro, Rubén Sequeiros, Roi Gallego (4), David Álvarez Henrique Gabriel Lourenco (3), Alejandro López (3), Marco García (1), Anxo Fontán, Mario Cancela (5), Román Arboleya (3), Rubén Augusto Gallego.3IM

    CADETE FEMININO: Galicia, 31 – Aragón, 26
    A selección galega cadete feminina acadou o primeiro dos seus obxectivos: ascender de categoría e lograr así o pase para os cuartos de final do Campionato de España. As galaicas, despois dun primeiro grupo excesivamente sinxelo, tiveron que sufrir este mércores contra Aragón. O partido estivo bastante igualado ata os últimos minutos da primeira parte, nos que aproveitando boas defensas e varios roubos de balón realizáronse transición rápidas conseguindo un renda de 8 goles ao descanso. A segunda parte foi un pouco máis trabada, con numerosas perdidas e fallos de lanzamento, o que permitiu a Aragón poñerse a tan só un gol a falta de 8 minutos para o final. Pero as galegas reaccionaron non con nervios, senón con xogo, e así volveron a defender con intensidade para conseguir a vitoria final por 5 tantos.

    Con este triunfo, Galicia acadou o ascenso ao Campionato e disputará este xoves, a partir das 16:00 horas, os cuartos de final contra Andalucía (primeiro do grupo B). Complicado choque.

    Galicia: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (3), Silvia Leiras (2), Celia Pedreira (2), María Lidia Portela, Ruth Sánchez, Marta Martínez (1), Ángela Rodríguez (7), Estela López, Sandra Blanco, Aitana Santomé (4), Sandra Sánchez (4), Sara López, Sarai Espiñeira (8), Goretti Miguel, Lara Docampo.3CF

    CADETE MASCULINO: Madrid, 32 – Galicia, 32
    Partido vital para as aspiracións galegas xa que todo estaba por decidir. Trala segunda xornada, os galegos ocupaban a terceira praza e querían gañar para conseguir un mellor cruzamento nos cuartos. Ademais, despois da derrota do martes (por inxusta e dolorosa), os galegos necesitaban un bálsamo en forma de resultado positivo. Desta forma, Galicia comezou o partido por diante no marcador grazas ao seu acerto en defensa e unha primeira liña enchufadísima que conseguía goles máis aló dos 9 metros de forma constante. Con todo a selección madrileña, un dos cocos do campionato, non se daba por vencida e cun gran traballo defensivo lograron chegar ao descanso con empate (16-16). Trala continuación un axuste defensivo de Madrid provocou que se fosen no marcador ata de 5 goles. Pero Galicia non estaba disposta a renderse sen loitar e logrou empatar o partido a falta de 3 segundos, nunha situación similar ao que sucederá o día anterior, pero nesta oportunidade a favor dos galegos.

    Desta forma, Galicia logrou o pase para os cuartos de final coma segunda de grupo e enfrontarase este xoves a Castela a Mancha (16:00 horas) buscando o pase para as semifinais.

    Galicia: Víctor Doval, Cristian Remeseiro, Gonzalo Domínguez (5), Xurxo Rivas (2), Brais González (6), Pablo González, Samuel Couto, Eduardo José Cousillas (5), Bruno Cela, Isaac Cabanelas, Martín Domínguez, Andrés Alonso (4), Juan Enrique Lago (4), Roi Sierra (2), Rubén Fernández (3), Samuel Barciela (1).3CM

    XUVENIL FEMININO: Galicia, 23 – Navarra, 23
    Duro empate para as galegas que as manterá un ano máis na Copa de España, xa que o ‘gol-average’ decántase a favor das navarras por dous tantos. Na primeira parte as galegas foron por diante no marcador, a pesar dun inicio moi dubidoso polos nervios das nosas deportistas. Aínda así, chegaron ao descanso un gol arriba (12-11). Na segunda metade, as navarras impuxeron a súa forte defensa e chegaron a distanciarse de ata 4 tantos (19-23, min. 55). Pero o seleccionador Javier Luengo pediu un tempo morto e cambiou a defensa a 3:3 e as galegas lograron remontar ata empatar o partido a falta dun minuto para o final. Incluso puideron acadar a vitoria ao dispoñer do ultimo ataque do choque, no que o ataque con porteira-xogadora viuse truncado por unha falta que acabou co soño das galaicas.

    A selección galega xuvenil continuará a competición na Copa e este xoves terá que esquecer a súa decepción para enfrontarse a Extremadura nos cuartos desta competición a partir das 18:00 horas.

    Galicia: Ainoa López, Raquel Sineiro (1), Paula Alonso, Carmen Prelchi (10), Marta Pombal (2), Marta Groba (1), Mónica Sineiro, Uxía López (1), Begoña Otero, María Groba, María Pereira (4), María Álvarez, Andrea Cores, Débora Garrido (1), Sandra Fernández (3), Sara Estévez.3XF

    XUVENIL MASCULINO: Galicia, 25 – Andalucía, 32
    Tralo triunfo na segunda xornada, Galicia non só dependía do seu partido para acadar o pase aos cuartos, senón que podía pasar se Castela e León perdía contra Madrid. E así foi, incluso antes de que os galegos saltaran á cancha. A pesar diso, Galicia quería acadar un bo resultados, pero ascender postos na clasificación e ter un mellor cruzamento nos cuartos. Pero enfronte estaba Andalucía, que amosou o seu poderío físico. Despois dun inicio moi apertado (6-7, min. 15), os andaluces lograron abrir distancias no marcador para chegar ao descanso con catro goles de vantaxe (12-16). Na segunda metade, Andalucía xogou coa vantaxe e non tivo problemas para garantir a súa vitoria, a pesar do gran traballo dos galegos, que loitaron ata o final.

    Galicia acadou o pase aos cuartos como terceira do seu grupo e xogará os cuartos contra Navarra (segunda do grupo A) a partir das 11:30 horas.

    Galicia: José Leiras (3), David Rey (2), Andrés Vila (1), Javier Figueroa (4), Bruno Vázquez (3), Juan Carlos Rodríguez (6), Rokkvi Pacheco, Sergio Lorenzo (1), Iñigo Silva, Mauro Regojos (1), Daniel Fernández, Iago Franco, Lois Pérez, Álvaro Preciado (1), Miguel Pousa (2), Pablo García (1).3XM

    43

    RelacionadosArtículos

    171018 Incendios Chandebrito Estudio
    Nigrán

    Un incendio en Chandebrito revive los recuerdos de la tragedia de 2017

    05 de Jul, 2025
    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Rallye Rías Baixas al rojo vivo
    Motor

    Rallye Rías Baixas al rojo vivo

    05 de Jul, 2025
    La Romaría do Pan de Millo llena Cabral de sabor y tradición
    Gastronomía

    Guía de fiestas gastronómicas en Vigo para julio y agosto de 2025: sardinas, pulpo, mejillones y más

    05 de Jul, 2025
    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros
    Viajes

    Modo Canario este otoño: Binter te lleva al paraíso por menos de 100 euros

    05 de Jul, 2025
    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII
    Moda

    El templo de la elegancia se traslada a Alfonso XIII

    05 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR