O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e os concelleiros de Accesibilidade, Policarpo Vilar, e Deportes, María Jesús Martins, recibiron a Berni Costas e Julio Vilas, que estiveron acompañados polo presidente do club Amfiv, José Antonio Beiro.
Berni Costas, natural de Vincios e residente en Baiona, e Julio Vilas, natural de Sabarís, foron os xogadores máis destacados durante o campionato de clubs Challenge Cup. Este mércores, invitados polo concelleiro Policarpo Vilar, foron agasallados polo Concello cun trofeo tras ser recibidos na Casa Consistorial. “É unha honra para Baiona que dous dos seus veciños acaden o maior nivel deportivo nunha disciplina que require un gran esforzo”, apuntou o alcalde.
Pola súa banda, o concelleiro de Accesibilidade destacou “a vontade de superación que demostran cada día tanto Xulio como Berni” para acadar as máis altas cotas no baloncesto europeo de máximo nivel. “O Amfiv ten un mérito impresionante e grazas ao grande traballo realizado durante todo este anos logrou moitos éxitos, a pesares de que outros clubs teñen orzamentos máis altos”, apuntou o concelleiro.