• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 23 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Volven os concertos gratuítos a Cans con Dakidarría, Los Vinagres, Caldo ou Juan Zelada

    Haberá preto de vinte actuacións de diferentes formatos e estilos, como as sesións disco-chimpín de Eme Dj e Peon Kurtz ou a de Litus e Pablo Novoa
    Redacción por Redacción
    28 de Abr, 2022
    en Música
    0
    Volven os concertos gratuítos a Cans con Dakidarría, Los Vinagres, Caldo ou Juan Zelada

    Dakidarría actuará o sábado 21 de maio no Festival de Cans.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

     O Festival de Cans, que se celebra do 18 ao 21 de maio, vén de avanzar novas confirmacións musicais para esta XIX edición, na que Dakidarría será un dos pratos fortes. A recoñecida banda galega actuará o sábado, 21 de maio, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, que se consolida como un dos epicentros do festival. Tamén alí, ese mesmo día grande do festival, subirán ao escenario os tres compoñentes da banda palmeira Los Vinagres, que prometen traer Buen clima, título do seu segundo álbum, e grandes doses de diversión a Cans.

    A gran novidade deste 2022, é que o festival recupera os concertos gratuítos nocturnos e de pé tras a supresión das restricións por mor da crise sanitaria. Ademais da Leira do Río, a música tomará de novo outras zonas emblemáticas como o Voulevar, coa animación de rúa da banda Breocáns Folk, dos que hai uns meses se viralizou un vídeo tocando na rúa en Vigo, ou o Torreiro de Cans, que acollerá actuacións de música de tamaño máis reducido coma as de Juan Zelada, Caldo ou Astrogirl.

    En total, haberá cerca de vinte directos de estilos e formatos variados, moitos ligados á programación audiovisual do certame, coma os de Javi Álvarez, do dúo Fluzo, a picadiscos Eme Dj e o líder da banda do Leit Motiv, Litus, que actuará xunto a Pablo Novoa no Espazo Rei Zentolo do Invernadoiro. Curtido en 1001 cabinas e festivais, Peon Kurtz DJ porá a bailar o persoal na sesión disco-chimpín do venres, cunha sesión na que mesturará funk, disco, house, hip hop e hits de todos os tempos.

    Tamén volve a Noite Lasal á praza do Concello, o xoves 19 con acceso gratuíto. Ao remate do xa clásico concurso de videoclips soará a música urbana e experimental da viguesa Sila Lua. O mércores, na noite das veciñas e veciños, o apartado musical correrá a cargo das Pandereteiras de Cans, os acordeonistas de Acordecans e as pandereteiras Fonteliño. 

    Logo de protagonizar unha das actuacións máis memorables do festival prepandemia en Cans, Dakidarría volven este 2022 con novo traballo acabado de publicar. ‘Colaxe’ é o sexto disco de estudio da banda galega de ska, reggae, ritmos urbanos e punk-rock que vén de acadar a súa maioría de idade e tamén de ampliar formación. Actuarán o sábado, a partir das 00.00 h, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina que flúen nos seus directos.

    A do trío canario Los Vinagres é outra das actuacións previstas para o sábado, 21 de maio, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río ás 19.00 h. O trío formado por Rober, Sergio e Abel chegan con ‘Buen clima’, o seu segundo LP composto a tres voces durante a pandemia e que inclúe unha ducia de cancións nas que falan de amor, desamor, amizade e festa, sempre influídos pola súa Canarias natal.

    O Espazo Estrella Galicia da Leira do Río consolídase nesta XIX edición coma un dos espazos nucleares do Festival de Cans. Será o lugar da entrega de premios, das homenaxes e das grandes actuacións en directo. Tamén será o lugar no que se celebre, o sábado ao mediodía, o coloquio na leira cun coñecido cineasta que se desvelará nos próximos días.

    O concerto de Dakidarría, seguido da sesión disco-chimpín de Eme DJ, pecharán esta XIX edición do Festival de Cans, que aínda incluirá máis sorpresas na programación que serán desveladas nos vindeiros días.

    A que xa está confirmada é a actuación de Caldo, e a súa proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas. ‘Acorro’ é o primeiro adianto do seu segundo disco, que verá a luz o próximo outono. Gañadores do Premio Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas 2020, o trío vigués protagonizará a sesión vermú prevista para o sábado 21 ás 13.45 h no Torreiro.

    Nese lugar tan emblemático de Cans, no paseo da fama do festival, poderá gozarse coa fórmula pop de Astrogirl que aúna melodías cuidadas ao detalle e letras que escapan do habitual. En ‘Portales’, o seu terceiro traballo, a cantautora coruñesa Mariaje Cabana propón unha viaxe chamánica cun marabilloso e electrizante son pop con toques folk e rock, que tamén coquetea con outros propios da psicodelia ou o dreampop. Actuará o sábado, a partir das 21.30 h e antes da gala de entrega de premios.

    Tamén subirá ao escenario do Torreiro, o venres ás 20.00 h, o cantante e compositor madrileño Juan Zelada, quen deleitará o público asistente coas súas composicións clásicas de soul, blues e funk. Formado en Liverpool, Zelada recibiu de mans de Paul McCartney o recoñecemento á mellor composición da súa promoción. No Reino Unido chegaría a acadar un éxito notable no circuíto de directos, que o levarían a telonear a Amy Whinehouse.

    Á venda as entradas para a sección oficial de curtas

    Apenas quedan xa entradas para a retrospectiva audiovisual e performance musical de Javi Álvarez, metade de Fluzo. Cunha capacidade para só cen persoas, este directo mais o de Litus e Pablo Novoa, que esgotou xa todas as localidades, celebraranse o sábado 21 de maio no Espazo Rei Zentolo do Invernadoiro.

    Na tenda en liña do Festival de Cans están tamén dispoñibles os boletos para asistir ás proxeccións da sección oficial de ficción e animación a un prezo de 12€ e para as da sección Furacáns, de non ficción, a 6€.

    AVANCE · PROGRAMACIÓN MUSICAL · XIX FESTIVAL DE CANS

    Xoves 19

    Sila Lua. Praza do Concello do Porriño. 23.30 h.

    Venres 20

    Juan Zelada. Torreiro de Cans. 20.00 h.

    Sesión disco-chimpín The Incredible Peon Kurtz DJ. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. 01.00 h.

    Sábado 21

    Caldo. Torreiro de Cans. 13.45 h.

    Javi Álvarez. Espazo Rei Zentolo do Invernadoiro. 17.00 h. (5€)

    Los Vinagres. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. 19.00 h

    Litus e Pablo Novoa. Espazo Rei Zentolo do Invernadoiro. 20.00 h. (5€)

    Astrogirl. Torreiro de Cans. 21.30 h.

    Dakidarría. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. 00.00 h.

    Eme DJ. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. 01.30 h

    Tags: conciertosFestival de CansO Porriño

    RelacionadosArtículos

    El festival de Cans cumple 20 años con el estreno de ‘Honeymoon’, de Javier Gutiérrez y María Vázquez
    Cine

    El festival de Cans cumple 20 años con el estreno de ‘Honeymoon’, de Javier Gutiérrez y María Vázquez

    23 de Mar, 2023
    Los primeros pobladores de Galicia vivieron en O Porriño hace más de 300.000 años
    O Porriño

    Los primeros pobladores de Galicia vivieron en O Porriño hace más de 300.000 años

    22 de Mar, 2023
    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023
    Música

    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023

    22 de Mar, 2023
    “O cinema de Galicia estaba no mellor momento da súa historia, a crise  do coronavirus  é nefasta”
    Cine

    Canciños Fest, una versión infantil del Festival del Cans, se estrena este fin de semana en Porriño

    21 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    La Guardia Civil interviene 457 botellas de licor sin fiscalizar en Moaña, O Porriño, Lalín y Dozón
    Moaña

    La Guardia Civil interviene 457 botellas de licor sin fiscalizar en Moaña, O Porriño, Lalín y Dozón

    21 de Mar, 2023

    Más Vistos

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    por Redacción
    17 de Mar, 2023
    0

    El Camiño da Seara, en la ciudad de Vigo, es una zona pendiente de desarrollar urbanísticamente

    El Vigo que va desapareciendo

    por Julio Alonso
    16 de Mar, 2023
    0

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0
    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo
    Local

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local. En los últimos seis meses

    Leer mas

    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante

    por Redacción
    23 de Mar, 2023
    0
    Más de 1.000 personas alquilan las ‘powerbank’ para móviles en Vialia Vigo, que instala una pantalla gigante
    Local

    Más de 1.000 personas han alquilado las ‘powerbank’ para móviles que la empresa Chargy pone a disposición de los usuarios

    Leer mas

    Trasladan al Álvaro Cunqueiro a una sexagenaria que se cayó desde una ventana cuando limpiaba los cristales

    por Redacción
    23 de Mar, 2023
    0
    Trasladan al Álvaro Cunqueiro a una sexagenaria que se cayó desde una ventana cuando limpiaba los cristales
    Sucesos

    Una mujer de 62 años ha tenido que ser trasladada de urgencia al hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir una caída

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR