• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTIVAL DE CANS

    The Rapants, Combo Paradiso, Nat Simons, Lontreira e Susana Seivane, entre os artistas que actúan no Festival de Cans

    The Rapants pecharán o festival o sábado 25 de maio cunha actuación gratuíta no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, polo que tamén pasarán Nat Simons e Combo Paradiso
    Redacción por Redacción
    12 de Abr, 2024
    en O Porriño
    0
    The Rapants, Combo Paradiso, Nat Simons, Lontreira e Susana Seivane, entre os artistas que actúan no Festival de Cans

    O Festival de Cans, que celebrará a súa XXI edición do 21 ao 25 de maio, contará cun completo cartaz de grupos e solistas de distintos estilos e tendencias, entre os que destaca a presenza da banda de Muros The Rapants, o grupo galego de moda, xunto a outras bandas como Combo Paradiso ou Lontreira e artistas como Nat Simons ou a gaiteira Susana Seivane.

    En total haberá ata 25 actuacións con moita presenza feminina e de artistas que están a destacar especialmente nos últimos tempos. Como é habitual as actuacións de Cans apostarán pola música de baile e a diversión pero tamén haberá espazo para propostas innovadoras e vinculadas a propostas cinematográficas.

    A banda muradana The Rapants pecharán os concertos do Espazo Estrella Galicia a última noite do festival, o sábado 25. Cunha traxectoria de apenas seis anos xa se converteron nun fenómeno de masas en Galicia e en Cans presentarán os temas do seu novo disco «La máquina del buen rollo» co que están a obter un gran éxito con «sold outs» en todos os seus concertos. En Cans tocarán de balde para o público do festival que poderá vivir unha gran festa como peche do evento.

    A roqueira madrileña Nat Simons actuará tamén o sábado 25 no mesmo espazo. Malia a súa xuventude converteuse nun dos referentes da música americana en España e os seus concertos están cargados de enerxía. Presentará os temas do seu último disco «Felinas».

    O cartel das actuacións no Espazo Estrella Galicia complétase coa presenza de Combo Paradiso o venres 24, unha superbanda formada en 2020 por Adrián Costa, Julián Maeso, Alberto Anaut e Juan Zelada que mistura estilos como o blues e o soul con ritmos latinos.e presentarán en Cans o seu último disco, «Todo bien todo el rato», que acaba de publicarse.

    Despois destas actuación centrais do venres e o sábado o Espazo Estrella Galicia albergará sesión de dj´s a cargo de The Incredíble Peón Kurtz DJ (histórico membro do grupo Def con Dos) e da galega Señora DJ.

    A banda arousana Lontreira estreará os concertos no Torreiro –outro dos espazos emblemáticos do festival– o venres pola tarde coa súa mistura de música tradicional mesturada con electrónica. Antes da súa actuación haberá unha retrospectiva sobre os seus elaborados videoclips no cuberto de Mucha e Juan do Peso.

    Xa o sábado pasarán pola sesión vermú do Torreiro o grupo do Morrazo Mediarea, unha das sorpresas do último ano na música tradicional, e pola tardiña o farán os coruñeses Escuchando Elefantes, un dúo cunha xa longa traxectoria e que son capaces de tocar distintos estilos sempre coa impresionante voz da cantante Silvia Rábade como gran atractivo.

    Susana Seivane e Su Garrido no Invernadoiro

    No espazo Invernadoiro Rei Zentolo de Juan e Mucha do Peso, que combina música e proxeccións audiovisuais, terá lugar o sábado a actuación da gaiteira Susana Seivane, que ofrecerá unha actuación especial para celebrar os seus 25 anos de traxectoria. Ademais, Seivane presentará en Cans a audiovisual «Son Seivane» dirixida polo realizador Xosé Antón Bocixa.

    Polo mesmo espazo tamén pasará a cantautora Su Garrido Pombo presentando o seu proxecto «Patios de Luz», que une a música e o cine nun documental dirixido por Fran Rodríguez Casal, que explora a relación da luz e dos espazos. Os concertos de Seivane e Garrido son os únicos de pago do festival (entradas a 5 euros) dado o aforo limitado a só 100 persoas do Invernadoiro.

    Previamente a estas actuacións a artista Hydn será a encargada de actuar o xoves 23 na Noite Lasal, dedicada aos videoclips musicais, na Praza do Concello.

    Ademais o Festival de Cans está a traballar no peche do programa musical definitivo que inclúe outras propostas moi atractivas como a homenaxe ao acordeonista Kepa Junquera, que terá lugar o Dia dos Veciños no Jaliñeiro que levará o nome do músico vasco.

    Últimos 40 packs de entradas

    A venda dos packs de entradas do festival está a funcionar moi ben. Só quedan 40 packs de entradas –ao prezo promocional de 20 euros– que inclúen material de merchandising do festival e poden adquirirse na páxina www.festivaldecans.com.

    Na mesma web tamén poden atoparse as entradas a 5 euros para os dous concertos que terán lugar no Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso, Su Garrido Pombo e Susana Seivane, na tarde do sábado 25 de Maio

    43

    Tags: Combo ParadisoconcertoEscuchando ElefantesFestival de CansLontreiraMediareamúsicaNat SimonsSu GarridoSusana SeivaneThe Rapants

    RelacionadosArtículos

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica
    Música

    Emilia, Love of Lesbian y Molotov desatan la locura bajo el sol abrasador de PortAmérica

    05 de Jul, 2025
    Castrelos se pone a punto para recibir a las estrellas de los conciertos de verano
    Local

    Castrelos se pone a punto para recibir a las estrellas de los conciertos de verano

    04 de Jul, 2025
    PortAmérica se rinde a los fenómenos latinos del momento
    Música

    PortAmérica se rinde a los fenómenos latinos del momento

    04 de Jul, 2025
    Un claustro barroco de Vigo abre sus puertas al ritmo de la música ligera
    Música

    Un claustro barroco de Vigo abre sus puertas al ritmo de la música ligera

    03 de Jul, 2025
    Portamérica 2024 ya está más cerca: a la venta los abonos para el festival
    Cultura

    Guía completa de PortAmérica 2025: Música, gastronomía y cultura en la Azucreira de Portas

    02 de Jul, 2025
    Vigo reactiva sus joyas: música en los jardines de Castrelos y Villa Solita y teatro en la Villa Romana de Toralla
    Cultura

    Vigo reactiva sus joyas: música en los jardines de Castrelos y Villa Solita y teatro en la Villa Romana de Toralla

    02 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR