Tras un pequeno descanso despois de ‘El Peor Grupo del Mundo’, a xira máis intensa da súa carreira, Sidonie volve aos escenarios para celebrar os seus 20 anos de traxectoria. Nigrán acollerá un dos concertos desta xira tan especial, na que recuperarán cancións de todo o seu repertorio, coas que ano tras ano, disco a disco, foron crecendo ata consolidarse como unha banda imprescindible para explicar o actual panorama musical deste país.
Ademais, en Vive Nigrán, o indie rock da banda estará acompañado polas diversas propostas musicais de formacións como Mueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel, Bigott e Las Odio.
Outras actividades e entradas
O festival continuará apostando por fusionar a música con experiencias ao aire libre: as persoas asistentes terán á súa disposición dende xogos e talleres, ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, un mercadiño, sesións DJ, charlas…
Nesta edición, como novidade, Vive Nigrán contará cun Espazo Mahou deseñado especificamente para o evento. Trátase dun punto de encontro no Festival no que se poderá gozar, ademais, das sesións de Abraham Boba DJ Set (León Benavente) e Sidonie DJ Set.
As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, gozando dunha oferta coa que se poden adquirir os abonos de dous días por 18 euros.