As festas de verán organizadas polo Concello ofrecen este mes de agosto citas coma o concerto de Malú, que se celebra este venres no Ifevi, O Marisquiño que levará a cultura e os deportes extremos ao Paseo das Avenidas e a Praza da Estrela entre o 12 e o 14 de agosto ou o concerto de Original Blues Brothers Band o 20 de agosto na Porta do Sol.
Ademais, continúan as actividades infantís que se organizan cada día nos barrios da cidade; este luns serán no Farol de Urzáiz, Colón e Príncipe e mañá terán lugar en Bouzas e ao longo da semana chegarán a Teis, Praza da Independencia e Navia. Prosegue tamén o ciclo de concertos das Bandas de Música viguesas: este luns toca Atlántida de Matamá na Praza da Princesa e mañá martes As Delicias de Caeiro no mesmo escenario, ambos concertos serán ás 20:30 horas.