New Day, que estará no escenario Mahou de Vive Nigrán, é un proxecto da cantante e guitarrista Amparo Llanos e Samuel Titos, ambos antigos compoñentes de Dover, xunto ao batería Jota Armijos. A formación, que xurdiu a finais de 2016, confirmou a súa presenza en dous festivais en Galicia, o Noroeste (A Coruña) e Vive Nigrán.
A banda levará as cancións do seu primeiro traballo, Sunrise, “un berro”, segundo a cantante, «de independencia y de anhelo a los demais», co que comezan o seu camiño como banda.
Pola súa parte, Os Amigos dos Músicos acaba de recibir o Premio Martín Códax da música galega a mellor grupo de Pop/Indie. Os premios, organizados pola asociación Músicos ao Vivo, recoñecen o seu traballo no último ano, no que publicaron o seu primeiro disco e levaron a súa música por dentro e fóra do país. A banda continúa presentando o seu primeiro disco e despois de levar as súas cancións a Asturias, Euskadi, Valencia ou Madrid.
O Vive Nigrán, que se celebrará en Praia América o 26 e 27 de agosto, esgotou en só 48 horas á venda do bono de 10 euros para as primeiras cen entradas e agora está a piques de rematar a segunda oferta de lanzamento de 12 euros polos dous días de concerto e animación.